Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O VI Trail da Filloa destina máis de 1.300€ a unha beca para estudos

Beca-estudos_VI-Trail-Filloa
Manuel Muíño, Alcalde de Zas; e David Fernández, da Asociación Monte Brondo presentando o recadado
O VI Trail da Filloa destina máis de 1.300€ a unha beca para estudos
A VI edición do Trail da Filloa de Zas, que se celebrou o pasado 26 de febreiro e que reuniu a máis de 900 corredores, recadou un total de 1318,50€ euros que se destinarán a unha beca para estudos. O/a estudante á que se lle entregará este importe deberá estar empadroado/a no Concello de Zas e seleccionarase de forma confidencial en base aos informes emitidos polo Departamento de Servizos Sociais municipal.

Este é un importe recadado das inscricións dos participantes e que tradicionalmente se destina ao gasto en agasallos para os corredores; como mochilas, camisetas,... etc. Con esta iniciativa, pioneira na comarca, o Concello de Zas e a Asociación Monte Brondo - organizadores deste evento deportivo - queren contribuír así ao benestar social da nosa veciñanza.

Comentarios