Luns. 06.05.2024
El tiempo

O ximansio municipal de Baio abriu as súas portas

ximnasio-municipal-baio
O ximansio municipal de Baio abriu as súas portas

Esta sábado tivo lugar o acto de posta en funcionamento do primeiro ximnasio municipal do Concello de Zas que está ubicado no pavillón de Baio. Con este novo servizo que se pon a disposición de toda a veciñanza, o equipo de goberno municipal dá un paso máis no fomento e na promoción do deporte.

O Concello de Zas fixo un investimento de 200.000 euros na reforma do pavillón municipal de Baio e na adquisición do material deportivo co que está equipado o ximnasio.

O uso das instalacións é gratuíto ata o 30 de xuño e as persoas interesadas en utilizalas deben completar a ficha a inscrición e entregala no Centro Sociocultural de Zas ou no Centro Sociocultural de Baio. A día de hoxe xa hai máis de 100 persoas inscritas.

Equipamento e horarios
O ximnasio municipal de Baio - ubicado no pavillón - conta con dúas salas que en total suman 150m2. Unha delas; a sala de cardio, conta con tres cintas, dúas elípticas, unha bicicleta reclinada, un remo e catro bicicletas de spinning. A outra sala, a de musculación, está equipada cunha máquina multipress, extensión de cuádriceps, prensa, aducción, abducción, remo sentado, rack e poleas así como diverso material para o adestramento libre. As dúas salas están videovixiadas. Ademais conta con vestiarios e aseos masculinos e femininos.

As portas abriranse ao público o vindeiro luns, 17 de abril, e o horario de funcionamento do ximnasio é de luns a venres de 09:00 a 22:30 horas e os sábados de 10:00 a 14:30 horas. Un monitor estará nas instalacións en horario de luns a venres de 16:00 a 22:30 horas e os sábados de 10:00 a 14:30 horas.

O uso das instalacións está indicado para as maiores de 16 anos. Os/as usuarios/as de entre 16 e 18 anos deberán estar sempre acompañados/as dunha persoa adulta.

Comentarios