Martes. 30.11.2021
El tiempo

A Xunta licita as obras da ponte da Piroga… 10 anos despois

A Xunta licita as obras da ponte da Piroga… 10 anos despois

Outro perfecto exemplo do esquecemento crónico que sofre a Costa da Morte por parte da administración dase na ponte da Piroga, a ponte que cruza o río Grande en Baio, unindo os concellos de Zas e Vimianzo. Xa en 2010 se anunciaba, en 2011 ata se licitaba, pero era augas de Galicia a que paralizaba entón a obra. O proxecto retomábase en 2016, mesmo realizando catas, pero desta volta era patrimonio o que paralizaba a obra.

Agora, e sen facer referencia algunha ao retraso, a Xunta vén de publicar onte na Plataforma de Contratos Públicos de Galicia o inicio da contratación desta actuación, cuxo prazo de presentación de ofertas remata o 27 de xaneiro, cuio importe ascende a 328.000 euros, e cun prazo de execución de 4 meses.

A actuación desenvolverase na estrada AC-552, do punto quilométrico 2+100 ao 3+000, intentando poñer en valor a ponte de pedra, e contando, agora si, coa resolución favorable da Comisión Provincial de Patrimonio.

As obras consistirán na ampliación da sección transversal da ponte mediante a execución dunha lousa de formigón armado, con voadizos en ambos os literais.
Esta ampliación permite reordenar o tráfico rodado e peonil, xa que a nova sección transversal posibilitará albergar dous carrís de 3,00 m de ancho, beiravías de 0,25 m ou beirarrúas de 2,10 m de anchura.

Novas relacionadas

comentarios