Venres. 26.04.2024
El tiempo

A Xunta licita a Ponte da Piroga

A Xunta licita a Ponte da Piroga

Cuan necesaria é esta ponte para que o tráfico rodado ao pasar por Baio sexa algo máis fluído. A Ponte da Piroga será remodelada unha vez que a Sociedade Pública de Investimento (SPI) a licitará esta semana. Agárdase que as obras de ampliación da ponte sobre o río Grande comecen canto antes e o prazo de execución será de 1 ano.

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas realiza unha achega económica de máis de 553.000 euros (IVE engadido) para levar a cabo a presente actuación.

Datos da obra

O propósito destas actuacións é construír unha plataforma de 13,40 metros, que acolla dous carrís de 3,50 m, dúas beiravías interiores de 1 m e dúas beirarrúas de 2,20 m.

Deste xeito, mellórase a circulación na estrada, así como a seguridade tanto dos vehículos como dos peóns, cumprindo co establecido pola Lei de accesibilidade. Cabe sinalar que a estrada se encadra dentro da Rede Primaria Complementaria da Xunta de Galicia.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da Xunta.

Comentarios