Martes. 16.04.2024
El tiempo

Zas abre o prazo de solicitude das becas de estudo

Zas abre o prazo de solicitude das becas de estudo
Dende hoxe e ata o vindeiro 30 de novembro (ambos días incluídos) está aberto o prazo de solicitude das Bolsas de Estudo para o curso 2021-2022 para as que o Concello de Zas destina un total de 29.100 euros. Esta é unha iniciativa posta en marcha polo equipo de Goberno Municipal hai máis de dez anos e que ten como finalidade a integración socio-laboral das familias con menos recursos económicos do noso municipio.

As bolsas adxudicaranse en función dunha serie de baremos; tales como a situación económica-familiar, o número de membros que integran a unidade familiar e os méritos académicos do alumno/a. O crédito repartirase en 180 bolsas e o importe das mesmas pode ir dende os 120€ ata os 360€ en función dos estudos que se realicen.

 As solicitudes poderán realizarse ata o vindeiro 30 de novembro e tramitaranse preferiblemente a través da Sede Electrónica do Concello de Zas ou no teléfono 981 70 83 03.

 

Comentarios