Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Zas abre o seu primeiro ximnasio municipal

ximnasio-municipal-zas
Zas abre o seu primeiro ximnasio municipal
O vindeiro 14 de abril o Concello de Zas inaugura o primeiro ximnasio municipal que se ubicará no pavillón de Baio.

O ximnasio está equipado con dúas salas; unha de musculación e outra de cardio que en total suman uns 150 m2; así como vestiarios e aseos masculinos e femininos. As instalacións estarán abertas de luns a venres de 09:00 a 22:30 horas e os sábados de 10:00 a 14:30 horas. Tamén
haberá un monitor que estará de luns a venres en horario de 16:00 a 22:30 horas e os sábados de 10:00 a 14:30 horas.

Inscricións

Hoxe luns, 27 de marzo, ábrese o prazo de inscrición para o uso das instalacións que será gratuíto ata o 30 de xuño. Para inscribirse é necesario completar a ficha de inscrición que se pode descargar na páxina web do Concello de Zas (www.concellodezas.org), indicando o
horario de preferencia, e entregala no Centro Sociocultural de Zas ou no Centro Sociocultural de Baio

Comentarios