Zas destina á mellora da rede viaria e de saneamento máis de 510.000€ do POS+ Adicional
07:34 06/10/22
O Concello de Zas recibirá da segunda fase do POS+ Adicional 2/2022 outorgado pola Deputación da Coruña un total de 513.478,77€ que, tal e como sinalou hoxe o Tenente de Alcalde, Óscar Lema, se destinarán á mellora da rede viaria e do saneamento do municipio, tralo acordo unánime do pleno. A esta cantidade outorgada polo ente provincial hai que sumarlle outros 201,98€ que afrontará o Concello de Zas.
Estas son as actuacións previstas:
Mellora da rede viaria en Vilaestevez,
Carreira e Quintáns
TOTAL
OBRA | IMPORTE |
Mellora de diferentes estradas de titularidade municipal nas parroquias de San Adrián, Meanos e Muíño* *Incluída na 1a fase do POS+ Adicional |
370.859,74€ |
Adecuación do borde da estrada DP-9304 entre o núcleo urbano de Zas e o núcleo rural de Ventoselo |
122.639,72€ |
Mellora da pavimentación na Praza da Taberna de Zas |
88.896,80€ |
Rehabilitación da cuberta do edificio de Protección Civil |
70.447,47€ |
Mellora da rede de saneamento en Rial de Abaixo |
58.605,79€ |
Mellora da rede viaria en Vilaestevez, Carreira e Quintáns |
30.471,94 |
TOTAL | 513.478,77€ |