Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Zas e Santa Comba tamén cantan a Rosalía

Zas e Santa Comba tamén cantan a Rosalía
Xa vimos que vilas como Mazaricos (en clave gastronómica), Ponteceso ou Cee estanse volcando co aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, que se celebra cada ano o 24 de febreiro. Imos por Zas e Santa Comba para comprobalo, mentres nos preparamos para mercar o mesmo día 24 unha flor e un libro de autoría galega, como recomenda a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.  

Santa Comba canta con Rosalía

O mesmo sábado 24, ás 11:30h, a Bibloteca de Santa Comba acolle unha sesión con Marisa Irimia na que nenos de entre 4 e 11 anos cantarán a Rosalía.  

As Torres do Allo tamén lembran a Rosalía

A familia Seoane nas Torres do Allo con Rosalia A familia Seoane nas Torres do Allo  Dende as Torres do Allo aproveitan para recuperar a historia que vincula a Rosalía de Castro con Vítor López-Seoane, propietario das Torres do Allo. O marido de Francisca de Riobóo, dona do Allo na segunda metade do século XIX, foi o célebre naturalista Vítor López-Seoane, responsable de que hoxe teñamos esa excepcional carballeira de entrada ao pazo e un abeto de Vancouver de 20 metros no xardín barroco traseiro. López-Seoane era galeguista militante e adoitaba asistir ás reunións do grupo Cova Céltica que tiñan lugar na Coruña e ás que acudían @s máis prestixios@s intelectuais do seu tempo: Pondal, Murguía, Casanova... Co esposo de Rosalía e con ela mesma coincidían tamén tódolos anos nas augas de Cuntis, aos que eran afeccionad@s. Seoane estaba participaba da difusión do libro de poemas de Rosalía e ocupábase de intentar vendelo entre os seus contactos. Un libro que cambiaría a nosa historia: Cantares Gallegos. Este e moitos máis detalles das personaxes que poboaron as Torres do Allo son contados nas visitas guiadas gratuítas dos sábados e domingos á 13:00 e ás 17:00. Horario de apertura: sábados, domingos e festivos de 11:00 a 19:00 h. Tanto a entrada como todas as actividades son de balde.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios