Domingo. 03.11.2024
El tiempo

Zas forma á veciñanza a aprender a usar a Administración electrónica

  • Está aberta a toda a veciñanza e as persoas que o precisen poderán obter in situ o seu certificado electrónico
Alfabetizacion dixital zas
Zas forma á veciñanza a aprender a usar a Administración electrónica

Cada é máis necesario usar as novas tecnoloxías para tratar coa administración. Algo tan necesario como o certificado electrónico convírtese nunha barreira tremenda para a veciñanza do rural.

Para contribuir á redución da fenda dixital, un equipo da Subdelegación do Goberno está percorrendo a bisbarra no marco do Plan de Achegamento da Administración á Cidadanía. Este próximo 1 de febreiro as 11:30 horas organiza unha sesión formativa no Centro Sociocultural de Baio


Durante a sesión, á que pode asistir todas aquelas persoas interesadas, analizarase dunha forma práctica as posibilidades e as ferramentas que proporciona a Administración electrónica.
Os asistentes que o precisen poderán obter in situ o seu correspondente certificado electrónico expedido pola Fábrica Nacional de Moeda e Timbre. Para iso é necesario anotarse previamente a través da Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello de Zas no 981 70 83 03.

Comentarios