Zas pon a punto a súa rede viaria
08:10 04/07/18
Un tractor con desbrozadora encárgase de limpar as cunetas do centos de quilómetros da rede viaria de Zas
O pasado mes de xuño comezou en Zas a campaña de limpeza das cunetas da rede viaria municipal. Así, durante os meses de verán unha brigada poñerá a punto os centos de quilómetros de pistas e estradas municipais aproveitando a época de máis calor para que a limpeza sexa máis efectiva e os marxes viarios permanezan limpos durante o maior tempo posible.
A campaña realizase cun tractor dotado dunha desbrozadora. O alcalde de Zas, Manuel Muíño, comprobou o avance dos traballos e asegurou que “de aquí ao final do verán quedará limpa a rede viaria municipal mellorando así a visibilidade nas nosas estradas e deixando libres as canles de desagüe das agua pluviais”. Nestes momentos, a brigada atópase pola zona sur do concello.
Ademais, esta limpeza integral da rede municipal de pistas, camiños e espazos públicos faise coincidir, sempre na medida do posible, cos días previos aos eventos e festas da cada unha das parroquias. O resto do ano a campaña de desbroce céntrase na rede de pistas e camiños fortestais do municipio.
Fonte
- Redacción QPC ([email protected])
- Concello de Zas