SANIDADE
Zas sen Recortes en Pediatría volve do Parlamento cos apoios da oposición e cero compromiso do PP
- De Carnota a Santiago, pasando por Muros, para ver ao pediatra.
- De Dumbría a Muxía ou Cee para ver o pediatra.
- De Muxía a Cee para ver o pediatra.
- De Zas á Ponte do Porto para ver ao pediatra.
- A Área Sanitaria da Coruña non se compromete coa mellora do servizo de pediatría da Costa da Morte a pesar das protestas.

Luns completo para a Coordinadora “Zas sen Recortes en Pediatría”. Acompañadas polo alcalde Manuel Muíño, acodían ao Parlamento Galego para reunirse cos grupos de BNG, En Marea e PSdeG. E tamén co PP, que finalmente, tras ver na prensa a denuncia da Plataforma, accediu a ter unha xuntanza.
Pero ben que podían tela aforrado, porque a realidade é que os responsables populares simplente acusaron á “falta de profesionais”, como levan facendo meses, para xustificar a perda de servizos.
En todo caso, as nais da Coordinadora saen satisfeitas por ter recadado o apoio dos grupos parlamentarios de En Marea, PSdG e BNG. Os tres grupos interesáronse pola situación que sofren os nenos e nenas de Zas e aseguraron que presentarán distintas iniciativas no Parlamento Galego co fin de que se restableza o servizo nos centros de saúde de Zas.
BNG
“Non se xoga coa saúde dos menores, nin imos permitir que o PP discrimine aos nenos e nenas no medio rural con recortes en sanidade”, asegurou a portavoz Nacional Ana Pontón trala reunión que, xunto coa portavoz parlamentaria de Sanidade, Montse Prado, mantiveron coa Plataforma “Non pode haber nenos e nenas de primeira e de segunda, Zas debe ter un servizo de pediatría completo e non recortado de 15 horas, e no BNG temos claro que non se pode permitir esta discriminación da Xunta no acceso ao servizo de pediatría simplemente por vivir no rural”, salientou a portavoz nacionalista.
Ademais, asegurou que o asunto ten unha razón económica. “O que está pasando en Zas co servizo de pediatría “é unha consecuencia deses recortes en atención primaria, 188 M € menos só nos orzamentos de 2019”, alegou Pontón.
PSdG
A deputada da Costa da Morte e o portavoz de Sanidade, Loli Toja e Julio Torrado, foron os socialistas que recibiron á comitiva zaseira, na que sinalaron a importancia de “anclar servizos públicos” no rural, sinaladamente o de Pediatría, como un dos elementos fundamentais para fixar poboación.
Toja advertiu da necesidade do Pediatra para un concello con moita dispersión poboacional, e que conta cun censo de 334 nenos e nenas en 150 quilómetros cadrados, que se vén obrigados a desprazarse ata Vimianzo ou Camariñas cando non chega o médico substituto do titular da praza.
Unha chamada chega en Camariñas
Pola contra, en Camariñas están satisfeitos de ter recuperado o servizo de pediatría durante 4 horas ao día, despois de ter visto como a Xerencia da Área Sanitaria da Coruña recurtaba o servizo a hora e media. Pero lóubase o grupo socialista camariñán que unha chamada da alcaldesa Sandra Insua serviu para que o xerente do Sergas, Luis Verdes.
Un Verdes que non comprometera nin o máis mínimo na reunión que mantivo cos alcaldes o pasado mes de novembro, pero que a Insua “sempre lle atende as súas chamadas”.