Domingo. 16.06.2019
El tiempo

Zas revitaliza o teatro afeccionado

Zas revitaliza o teatro afeccionado
II-mostra-teatro-afeccionado-zas O pasado domingo tivo lugar no auditorio de Baio a clausura da II Mostra de Teatro Afeccionado organizada polo concello de Zas Con dúas mostras de teatro afeccionado ao lombo e cunha entregada canteira de actores e actrices, Zas é xa a capital do teatro afeccionado. E así se demostrou o pasado domingo nun ateigado auditorio de Baio onde se clausuraron a II Mostra de Teatro Afeccionado e as Escolas Municipais de Teatro Infantil. Despois de cinco representacións durante cinco sábados  - repartidas entre os auditorios de Baio e de Zas - o pasado domingo foi o momento de dar o veredicto final coa entrega de premios. "Apostamos por esta mostra de teatro xa que é a dignificación do traballo de moita xente que adica moitas horas do seu lecer a facer cultura e seguiremos apostando polo teatro afeccionado porque é a canteira de todo o profesional das artes escénicas", sinalou Manuel García Velo (Lito) que encabeza a concellería de Cultura do concello de Zas; a encargada de organizar o certame. A 2ª edición desta mostra conseguiu convocar a dezoito compañías teatrais de toda a comunidade, das cales cinco resultaron seleccionadas. "Queremos agradecer a todos os participantes, tanto aos que foron seleccionados como os que non. Precisamente a selección foi un duro traballo que tivo que desenvolver o xurado", comenta Lito. Premios As palabras de agradecemento de Lito serviron de preliminar para a entrega de premios. O xurado, formado por membros de Badius e do concello, otorgoulle o 1º premio - de 700€ - á agrupación teatral Mariñán de Betanzos pola súa obra "O de menos é o nome". O segundo premio - de 500€ - foi para a obra de teatro "L" de Pinchacarneiro Teatro de Noia. Mentras que o "O medo meu" de O Catre Teatro da A. C. Alende de As Pontes levou o terceiro premio de 300€. As outras dúas obras que participaron na mostra recibiron 200€ para costear os gastos ocasionados pola representación. mellor-actriz-mostra-teatro-zas Isabel González Suárez, de Pinchacarneiro Teatro, obtivo o premio á mellor actriz polo seu papel na obra "L" O xurado tamén se viu na tesitura de nomear ao mellor actor e actriz da mostra. Daniel García, de Anadavía Teatro da AC Papaventos de Vedra, obtivo o recoñecemento ao mellor actor pola súa interpretación na obra "República de Gundián"; mentras que Isabel González Suárez, de Pinchacarneiro Teatro, foi a galardoada da sección feminina. Os usuarios e usarias de asociación Aspaber - asociación de Pais de Discapacitados Psíquicos de Bergantiños - foron os encargados de elaborar os galardóns realizados sobre unha base de madeira. Clausura das escolas de teatro escola-municipal-teatro-zas Uns trinta nenos e nenos participaron este ano na Escola de Teatro Infantil do concello de Zas Onte tamén tivo lugar a clausura da Escola de Teatro Infantil Municipal dirixida por Pablo Soto (Pibe) e Marco Álvarez. Foron case 30 nenos e nenas as que se subiron ao escenario para interpretar ata cinco obras diferentes coas que fixeron rir ao público en máis dunha ocasión co reflexo das situacións cotiás. A vitalidade que trasmite a Escola de Teatro infantil deu conta, unha vez máis, que o teatro ten presente e futuro en Zas. Novas relacionadas Fonte

Comentarios