venres. 15.05.2026
El tiempo

Zas será unha das sedes do itinerante Ciclo Mestre Mateo acollendo os mellores filmes galegos de 2026

Presentación Ciclo Mestre Mateo 2026 (grupo)
Presentación do Ciclo Mestre Mateo 2026
Zas será unha das sedes do itinerante Ciclo Mestre Mateo acollendo os mellores filmes galegos de 2026

Xa está en marcha a nova edición do Ciclo Mestre Mateo na provincia, e grazas a este circuíto, algunhas das producións máis destacadas do audiovisual galego achegaranse ao público de concellos sen salas comerciais.

Os concellos de Arzúa, Boiro, San Sadurniño, Betanzos, Cedeira e Zas acollerán as proxeccións desta nova edición do ciclo. As persoas interesadas poderán ver un total de oito títulos: Sirât, As liñas descontinuas, Antes de nós, San Simón, 360 curvas, O son da nova regueifa, Deuses de pedra e O silencio herdado.

A presidente da Academia Galega do Audiovisual, Lucía Veiga destacou «a importancia de continuar levando o cinema galego a todo o territorio, especialmente a aquelas localidades que non contan cunha programación audiovisual estábel». Ademais, sinalou que «o Ciclo Mestre Mateo segue a consolidarse como unha oportunidade para achegar ao público as producións máis destacadas do audiovisual galego recente e fortalecer o vínculo da cidadanía coas historias feitas desde Galicia».

Moi pronto saberemos as datas e horarios das proxeccións, que se publicarán en ciclomestremateo.gal.

Comentarios