Martes. 26.03.2019
El tiempo

Zas vivirá un entroido cargado de filloas e de actividades para todos os públicos

Repartiranse máis de 1100 euros en premios.

Zas vivirá un entroido cargado de filloas e de actividades para todos os públicos

O concello de Zas xa ten todo preparado para recibir o entroido cun completo programa de actividades no que teñen cabida todos os públicos. O entroido zasense arrancará cos obradoiros infantís que se desenvolverán os días 4 e 5 de marzo entre as 11:00 horas e as 13:00 horas no Centro Sociocultural de Zas e no de Baio. Estes talleres son gratuítos e están dirixidos a nenos e nenas de 4 a 12 anos. Para participar é necesario inscribirse nos números de teléfono 981 751 398 ou 981 718 056.

E xa na tarde do 5 de marzo, martes de entroido, concentraranse a maior parte das actividades do programa argallado polo Concello de Zas a través da Concellería de Cultura. A partir das 16:00 horas, o pavillón municipal de Zas abrirá as súas portas para que os máis pequenos desfruten da tarde coas sesións de xogos, talleres de maquillaxe e inchables que lle temos preparado. A troula continuará a partir das 19:00 horas, hora á que comeza o tradicional concurso de disfraces no que  se repartirán 1.170 euros en premios  e centos de filloas entre todos os asistentes. Os premios estarán repartidos da seguinte forma:

Categoría A (de 0 a 5 anos)

  • 1º premio: 80€
  • 2º premio: 60€
  • 3º premio: 40€

Categoría B (de 6 a 14 anos)

  • 1º premio: 80€
  • 2º premio: 60€
  • 3º premio:  40€

Categoría C (maiores de 15 anos)

  • 1º premio: 150€
  • 2º premio: 80€
  • 3º premio:  50€

Categoría D (grupos ou comparsas)

  • 1º premio: 200€
  • 2º premio: 150€
  • 3º premio:  100€

No concurso, tamén haberá un premio especial de 80€ para o mellor “Zaschoqueiro” para o que se terá en conta a orixinalidade, o aderezo artesanal e estrafalario e a súa caracterización polo descaro e o humor. O xurado estará composto por membros do Concellos de Zas e tres membros pertencentes a algunha asociación do municipio e premiarán a orixinalidade e singularidade dos disfraces, os materiais para a elaboración, a confección así como a posta en escena.

Para participar no concurso de disfraces é necesario anotarse previamente nas dependencias municipiais ou o propio día do certame antes das 18:00 horas no propio pavillón de Zas entregando debidamente cumprimentado o Anexo I das Bases do Concurso que se poden consultar na páxina web municipal a través do seguinte enlace: http://bit.ly/ConcursoDisfracesZas

 

cartel entroido Zas

 

 

 

Comentarios