Zas volveu convertirse no epicentro do pinpón de altura galego
18:21 23/06/24
Celebrouse no pavillón municipal de Zas o XIV torneo Ponciano Nieto de tenis de mesa no que participaron 80 deportistas distribuidos en Open A, Open B, femenino e infantil. O ambiente deportivo foi excepcional, volvendo convertir Zas na capital do pinpon galego.
O pavillón acolleu partidos moi igualados e de moito nivel. E, como colofón da igualdade foi a final do open A que se resoveu no 5º set 14-12. O comentario dos xogadores ao despedirse era de que este torneo é o mellor que se celebra en Galicia. A comida conxunta do churrasco que desfrutaron ao final axuda moito.
Estes foron os ganadores das distintas categorías:
Open A
- 1º Roi Sixto do AD ZAS
- 2º Alberto Pérez do Vilagarcía
- 3º Brais Blanco do Oroso TM
Open B
- 1º Mateo Gil do Vilagarcía
- 2º Miguel Rodal do Cinania de Cangas
- 3º Francisco Paz do Vimianzo
Femenino
- 1ª María Pena do Cinania
- 2ª Isabel Teruel do CTM Coruña
- 3ª Nerea González do Club del Mar
Infantil
- 1º Hugo del Olmo do Oleiros
- 2º Alex Calviño do Conxo TM de Santiago
- 3º Enrique Mallón do AD Zas