Asoar-Armega critica a discriminación da flota artesanal nas cotas da xarda
07:10 20/01/16
Un barco de pesca de baixura, artesanal, no porto de Fisterra
Novo pao para a frota de baixura. A asociación de Armadores de Artes Menores de Galicia, ASOAR-ARMEGA, vén de manifestar, unha vez máis a súa disconformidade co plan de xestión do 2015 para os buques que operan no Cantábrico Noroeste.
A pasada semana publicábanse no BOE os totais admisibles de capturas (TACs) para este ano 2016 e o reparto realizado para as distintas modalidades de pesca e os distintos caladoiros. Segundo indican dende Asoar-Armega "atendendo á distribución realizada no plan de xestión para algunhas especies como a xarda, resulta evidente a discriminación a que está sendo sometida a flota artesanal galega". Unha flota que, apesares de contar cun número de buques que supera á de calquera das outras comunidades, acada unhas porcentaxes de asignación menores.
O 11 de xaneiro, tras resolución da secretaría xeral de Pesca, abríase a pesquería da cabala para as provincias de Vizcaia e Guipuzkoa, cun total de 4.329.571 quilogramos, o que supón o 42% - aproximadamente - do total asignado ao estado español. Mentras, as provincias de A Coruña, Lugo e Pontevedra suman, entre as tres, unha asignación do 17,5 % - aproximadamente -o que supón en quilos 1.796.945. No seu día, Asoar-Armega xa denunciara o discriminatorio da situación, pero coas cantidades na man, a discriminación resulta moito máis evidente. As provincias de Viscaia e Guipuzkoa contan con un total de 158 embarcacións adicadas ás artes menores, mentres as provincias galegas suman máis de 4.000; das cales, unhas 1.300 se adican á captura da xarda. Descoñecemos cantas embarcacións das 158 que conforman a flota das provincias vascas se dedican á pesquería da cabala, pero ainda supoñendo que sexan todas, a diferencia é brutal, como brutal é, por tanto, a diferencia de traballadores afectados.
Na comunidade galega uns 1300 barcos adícanse á captura da xarda
Segundo indican dende a asociación de Armadores de Artes Pequenas, nos últimos anos a pesquería da xarda é un importante aliciente para as embarcacións galegas que buscan a súa sostenibilidade. "O reparto de cotas sempre vai perxudicar a Galicia mentres non se cambien os criterios, xa que na actualidade o reparto baséase nos históricos de capturas, uns históricos cos que a comunidade galega non conta, xa que nos últimos anos o reparto da cota vense facendo de forma lineal para toda a flota do caladoiro Cantábrico Noroeste, e cando a xarda - especie migratoria - chegaba as nosas costas, no cantábrico máis oriental xa tiñan consumido gran parte desa cota, co que os pescadores galegos non contan con cómputos de capturas que poidan valorar realmente a súa incidencia na pesquería, por canto non lles era posible, a pesares da abundancia da especie, realizar máis capturas ao pecharse a pesquería de forma precipitada" indican os responsables de Asoar-Armega. Polo tanto indican que nun futuro, e co reparto actual, o criterio sobre históricos de capturas seguirá perxudicando á flota galega "pois non poderemos sumar capturas se estamos suxeitos a un determinado número de quilos, cantidade ademais que é necesario recordar resulta insuficiente tendo en conta que nos últimos anos apenas contamos con tres semanas de pesquería".
A posición do goberno
Ante este panorama os membros de Asoar-Armeta indican que resulta indudable que o goberno fai caso omiso ás recomendacións da nova PPC que dictamina que os repartos das cotas nos estados membros se realicen en favor das flotas que realizan un menor impacto nos recursos e se teñan en conta as condicións ambientais e socioeconómicas das zonas costeiras á hora de establecer os criterios para o reparto, novamente coa publicación da asignación de cotas estase a demostrar a pouca consideración que se ten pola aplicación destas recomendacións, e pola contra o que se fai é favorecer a quen pesca máis.
Tras esta xustificación, queda patente que é necesario un xiro nos criterios de distribución "pois se seguimos a premiar ós que máis pescan - coa distribución baseada en históricos de capturas é o que se fai -as comunidades locais e a flota artesanal galega vaise ver abocada a desaparecer, pois o eslavón farase cada vez máis amplo, perdendo cada vez máis capacidade pesqueira por mor do límite nas cotas", aseguran os pescadores artesanais.
Novas relacionadas
- Un ano de loita pola pesca artesanal dende a Costa da Morte
- 16-11-15: Camariñas tamén se move polo Cerco.
- A mensaxe do mar chega en botella.
- Outubro 15: Corcubión tamén sae de marcha pola Pesca Artesanal.
- Xullo 15: Unha manifestación por mar contra a pesca do arrastre.
- Xullo 15: As procesións marítimas do Carme, outro gran tesouro etnográfico da Costa da Morte.
- Xuño 2015: A marea de mariñeiros volve alzala voz en Fisterra contra o arrastre.
- Maio 2015: Camariñas acolleu unha nova manifestación pola pesca artesanal.
- Decembro 2014: : Apoio multicolor á pesca de baixura.
- 24-11-14: A baixura costeira segue mollándose.
- 19-11-14: A defensa da pesca de baixura tamén chegará aos plenos municipais.
- Novembro 2014: A baixura galega pelexa polo seu futuro en Corcubión.
- 13-11-14: A pesca artesanal pide sardiña.
- Outubro 2014: A pesca artesanal álzase contra o arrastre con concentracións en Corcubión.
Máis novas
- Lonxanet leva o exemplo da pesca artesanal costeira á ONU.
- A Reserva dos Miñarzos, aínda un exemplo mundial de pesca sustentable.
- A solta de alevíns na Reserva Mariña, mera acción formativa.
- Asoar traslada aos eurodiputados as demandas do xeito.
- 30-09-14: O peche da sardiña pon contra as cordas ao sector do xeito.
- Alarmante situación a da pesquería do polbo.
- A pesca artesanal responde á Xunta que quere seguir sendo artesanal.
- A Costa da Morte presente na nova Plataforma de Pesca Europea Artesanal LIFE.
- A loita polas cotas da pesca artesanal chega ás rúas de Bruxelas.
- Un berro pola pesca artesanal.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).
- Confraría de Corcubión.