Asociacións e grupos da Terra de Soneira invitados a participar no desfile das Irmandades Parroquiais do Asalto ao Castelo
08:13 26/04/17
No desfile poden participar grupos e asociacións dos concellos de Vimianzo, Zas, Camariñas, Laxe e Cabana de Bergantiños
Un ano máis, a veciñanza da Terra de Soneira está chamada a participar na festa do desfile das Irmandades Parroquiais que, como vén sendo habitual, se inclúe dentro da programación do Asalto ao Castelo de Vimianzo. Os únicos requisitos son ir vestidos e ter ganas de pasalo ben.
Esta será a cuarta edición dun desfile que comezou sendo unha reunión de parroquias do concello e que o ano pasado transcendía as fronteiras municipais para reunir na festa ás freguesías da histórica Terra de Soneira. O resultado foi moi positivo coa reunión na praza do concello de máis dunha ducia de grupos soneiráns diferentes. Desta forma preténdese reivindicar que o Asalto é unha festa de toda a comarca na que dunha ou outra maneira xa está a colaborar xente destes lugares en moitos aspectos.
Para participar, o primeiro é ter un grupo de persoas, sexa por medio dunha asociación ou por libre - mínimo cinco individuos -, e representar a algunha parroquia dos concellos de Vimianzo, Zas, Camariñas, Laxe ou Cabana. Unha vez confirmado o grupo hai que poñerse en contacto coa asociación do Asalto ao Castelo, ben a través das redes sociais, correo electrónico info@asaltoaocastelo.org ou do teléfono 669735349. Convócase ademais unha reunión informativa sobre este asunto o venres 5 de maio ás 21:30 horas no centro social de Vimianzo, situado ao lado da praza da Igrexa.
Novas relacionadas
- Asalto 2017: Xabier Díaz e Herdeiros da Crus tocarán na XXII edición do Asalto ao Castelo
- Asalto 2016: Os irmandiños volven a Vimianzo
- Asalto 2016: Dezaoito pinchos irmandiños poñen o toque gastronómico do Asalto ao Castelo
- Asalto 2016: O Asalto ao Castelo premia aos mellores traxes medievais e ás fachadas mais singulares
- Asalto 2016: Os irmandiños presentan o cartel do XXI Asalto ao Castelo
- Asalto 2016: Póñense á venda as primeiras entradas para a Cea Medieval do Asalto
- Asalto 2016: Ábrense as inscricións para a VI feira artesanal do Asalto ao Castelo
- Asalto 2016: Os hostaleiros de Vimianzo prepáranse para os pinchos irmandiños
- Asalto 2016: O Asalto ao Castelo quece motores cunha reunión organizativa
- Asalto 2015: O XX Asalto ao Castelo 2015, xa no youtube.
- Asalto 2015: A representación teatral reivindica a singularidade dos 20 anos do Asalto ao Castelo.
- Asalto 2014: Os rollos da Marquesa; gañador dos pinchos irmandiños do Asalto ao Castelo de Vimianzo.
- Asalto 2013: Asalto ao Castelo, a traca final (en vídeo).
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).
- Asalto ao Castelo