mércores. 30.04.2025
El tiempo

Evento

Queima do Polbo de Fisterra

05/mar./2017 a 05/mar./2017
6:00 h a 6:00 h
Praia da Ribeira
Queima do Polbo de Fisterra
Cartel Entroido Fisterra 2017 copia Con este fermoso debuxo de Mighel FK, chega o cartel do Entroido máis tradicional da Costa da Morte, o de Fisterra. Un Entroido que ten como punto forte o Tradicional Concurso de Comparsas, que aínda ten o prazo de inscrición aberto, e que se celebrará o sábado 25 de febreiro. Volverán ser Roberto Traba Velay e a súa filla Adriana Traba, os presentadores, cunha fermosa aposta pola arte da casa. Ademais, ao remate do concurso, haberá pasarrúas das comparsas dende o Pavillón ata a Praza da Constitución, sempre que o tempo o permita.
Ademais das actividades para os nenos do veres 24, do domingo 26 e do martes 28, a outra gran cita é a Queima do Polbo do domingo 5 de marzo. Un Polbo que xa está nos asteleiros, que comezará o pasarrúas ás 1800h, que terá o seu funeral na praza da Constitución e que será queimado na prada da Ribeira polos bravos Piratas fisterráns.

Novas relacionadas

   

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).
Comentarios