venres. 02.05.2025
El tiempo

Baio busca relevo para manter viva a Asociación Adro, activa dende 1980

Baio busca relevo para manter viva a Asociación Adro, activa dende 1980

Volve necesitar relevo a activa Asociación Cultural Adro de Baio. Van xa máis de 37 anos mantenvo viva a tradición e artellando novas actividades culturais para toda a comarca de Soneira, pero a situación é complicada. Xa da desaparición pero a cousa volve estar complicada.

Vén de dimitir a actual directiva encabezada por Olga Mouro, e fai un último chamamento a todos os seus socios e socias para escoller unha nova directiva que continúe coas actividades que vén desenvolvemendo a entidade dende o ano 1980.

Convoca así unha reunión extraordinaria, que terá lugar o vindeiro 12 de setembro ás 21:30 horas no Auditorio de Baio, informaráselle aos asistentes sobre os trámites a seguir estipulados nos estatutos da Asociación no caso de que ninguén tome o relevo.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).

Comentarios