Catorce países participan na Mostra do Encaixe coa estrea de Arxentina

07:05 11/03/16
Camariñas xa ten todo (ou case todo) listo para a XXVI edición da Mostra do Encaixe que terá lugar entre os días 23 e 27 de marzo. Unha das novidades deste ano é a cantididade de países que participan que faran que o certame sexa máis internacional que nunca. Ademais de Arxentina, que participa por primeira vez na mostra, estarán representados os países de Alemaña, Bélxica, Bulgaria, Estonia, Francia, Inglaterra, Italia, Polonia, Portugal, República Checa, Rusia e Suiza, xunto cunha delegación española de Arenys de Mar - Barcelona -, que xa é habitual na feria. As delegacións extranxeiras impartirán talleres nos que se poderá comprobar as distintas técnicas que ten cada país co encaixe de bolillos.
Durante a xornada inagural, que será o día 23 de marzo ás 17 horas, haberá un encontro de encaixeiras infantís da Escola Municipal de Camariñas ademais das demais artesáns locais e das procedentes do concello de Vimianzo. Sobre as 16:30 horas terá lugar o "Pequeencaixe" - que foi un dos protagonistas do ano pasado -, no que as alumnas da escola camariñana lucirán os traballos feitos por elas mesmas e continuará o desfile de recoñecidas firmas. As firmas participantes son Ana Cabranes (Gijón), Claudina Mata (Granada), Devota & Lomba (Madrid), Esteban Freiría (Málaga), José Matteos (A Coruña), Sanmar Niños (A Coruña) y Yono Taola (Madrid). Con complementos de todo tipo acudirán outras tres firmas: Cristina Llama (Xixón), Janet Schulz (Vigo) e Mar Balmon (Madrid). TAmén participarán nesta pasarela dúas deseñadoras de Camariñas que contan cunha ampla traxectoria: María Campaña y Katy Mouzo.
Todos os días da mostra haberá desfiles dos recoñecidos deseñadores que se pasarán pola mostra, así como das 30 colección que participan no concurso de Deseñadores Noveles procedentes de distintos puntos do territorio nacional.
O xoves, 24 de marzo, reuniránse no recinto feiral distintos profesionais do sector da moda con motivo do IV encontro Blogger Moda.
Durante os cinco días da feira realizaranse diversas actividades paralelas tales como visitas guiadas polo concello de Camariñas, demostracións en vivo de outro tipo de artesanías como a do vidrio e a do liño, talleres infantís,...
Novas relacionadas
Programa


- En marcha a Mostra do Encaixe, o motor económico da comarca
- Camariñas presentouse en Madrid.
- O primeiro campamento náutico pola Mostra do Encaixe
- Rosa Mouzo: “As mulleres de Camariñas levamos o encaixe na pel”.
- O encaixe de Camariñas chega ao Parlamento de Galicia
- Atopan a que podería ser a peza de encaixe máis antiga que se coñece na Costa
- Mostra 2015: A Mostra do Encaixe bate marcas con máis de 23.000 visitantes
- Mostra 2015: Comezo reivindicativo dos 25 anos de Mostra de Encaixe.
- A moda, a gran protagonista dos 25 anos da Mostra do Encaixe.
- Teddy Vilán, a primeira mascota da Mostra do Encaixe.
- O Encaixe de Camariñas, o que máis triunfa na FITUR.
- Un corazón para celebrar os 25 anos da Mostra do Encaixe.
- Camariñas defende a súa promoción virtual do mar.
- Mostra 2014: A Mostra do Encaixe segue crecendo tras recibir a máis de 20.000 persoas.
- Mostra 2013: O Encaixe continúa sumerxíndose no século XXI.
- Mostra 2012: 17.000 visitantes fan do Encaixe un produto de moda a pesar dos recortes.
- Mostra 2011: Camariñas pon a tradición de moda.
- Mostra 2010: Alberto Neves gañou o Concurso de Deseñadores Noveis.
- Mostra 2010: A cara máis sensual do encaixe.
- Unha de Festas de Interese Turístico na Costa da Morte.
- Relatos da Costa, Un século máxico: Hoxe: Encaixe (Camariñas, 1.999).
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Mostra do Encaixe