![O custe das obras de pavimentacion dos aparcamentos de Carballo ascendo a 142.000€]()
O custe das obras de pavimentacion dos aparcamentos de Carballo ascende a 142.000€
Onte comezaron as obras de mellora nos
espazos de estacionamento gratuítos e de libre acceso situados en distintos puntos da capital municipal carballesa e que están incluídas no proxecto de "Pavimentación na rúa Lugo e varios espazos urbanos" por un importe de
142.488,75 euros (IVE incluído). Os traballos comezarán nas dúas áreas de estacionamento situadas na contorna do
parque Rego da Balsa, nos espazos situados a carón das
rúas Enrique Sánchez e Avilés de Taramancos co asfaltado do pavimento.
Por este motivo, a concellaría de Obras e Servizos anuncia que está prohibido aparcar nestas zonas mentres dure o desenvolvemento dos traballos. Unha vez rematadas as melloras nestas dúas zonas, continuarase cos aparcadoiros situados na contorna das rúas Pontevedra e Roberto Vidal Bolaño, situadas entre a biblioteca, na rúa Bos Aires, e o parque Rego da Balsa; seguirase coa área de aparcamento situada na contorna da rúa Lugo, na coñecida como Horta do Casino; e rematarase no aparcadoiro do Pazo da Cultura, na rúa Gardenias.
As obras consistirán na pavimentación das parcelas con aglomerado, xa que na actualidade contan con pavimento de zahorra artificial compactada que require de altos custos de mantemento e que se deteriora con rapidez. Ademais, procederase ao pintado das prazas de estacionamento e á colocación da sinalización viaria vertical e horizontal correspondente. O prazo de execución previsto é de
dous meses.
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.gal)
- Concello de Carballo