Fai balance a Fundación Humana da campaña de recollida de roupa usada que fai na comarca de Bergantiños. Un repaso necesario para sexamos conscientes o que aportamos cando lavamos e metemos a roupa nun dos contedores de roupa usada no canto de tiralos ao lixo.
No que vai de ano, os veciños de Carballo (e nunha pequena porcentaxe de Laracha) donaron nada menos que 39 toneladas de roupa, o que equivale a 81.500 prendas que poden ser reutilizadas ou recicladas, dándolle así unha nova vida.
E ese feito que parece tan sinxelo debería ser moito máis habitual, pero os datos sinalan que só o 10% da roupa desbotada polos cidadáns españois se reaproveita. O 90% acaba en vertedoiros, contaminando ademais o medio ambiente (calculan que as 39 toneladas recolleitas de xaneiro a xuño representan un aforro de 124 toneladas de CO2 á atmosfera).
As pezas depositadas nos contenedores de Humana teñen dous destinos: o 85% trátase nas tres plantas de preparación para a reutilización da Fundación (en Madrid, Barcelona e Granada) e o resto véndese a empresas de reutilización e reciclado. O destino das pezas tratadas é:
Con estes datos e esta transparencia, Humana quere seguir colaborando con países de África e Ameríca Latina, armando actividaes que xeneren recursos, por exemplo, a través do emprego inclusivo, estable e de calidade, deixando patente que é capaz de xerar un emprego indefinido por cada 36.000 kg de textil recolleito.