Imprimir

ADECOM aspira a converterse na primeira gran entidade da sociedade civil da nosa comarca

que pasa na costa | 29 de xuño de 2020

É moi necesaria unha entidade que aglutine os intereses xerais da veciñanza da Costa da Morte para esixir demandas comúns, e deixar de pelexar en clave localista.

Por iso acollemos de bo agrado a creación da Asociación en Defensa da Costa da Morte (ADECOM). Un colectivo que botava a andar o pasado 23 de xuño, da man dun grupo de entidades e persoas a título individual da bisbarra que participaron este mes nunha mesa de diálogo social, convocada en reacción ao anuncio de que a Xunta talaría o Monte Pindo, un dos espazos naturais referenciais da bisbarra.

”Nesta mesa de debate, entre outras problemáticas, detectouse a carencia dunha entidade social de nivel comarcal que sirva para coordinar e poñer en valor o traballo e as iniciativas que levan anos realizando moitas entidades e persoas, asi como para poñer o foco sobre os grandes retos e demandas que aínda ten pendentes a Costa da Morte”, explican os promotores, entre os que podemos atopar xente a nivel particular e tamén entidades sociais consolidadas da comarca (coma a Asociación Monte Pindo Parque Natural, o colectivo Na Area, a Asociación Boca de Sapo de Corcubión, asociacións veciñais e mancomunidades, etc...).

Os seus obxectivos serán: frear o despoboamento e a destrución do seu medio e da súa identidade.

Para dar os seus primeiros pasos, ADECOM xa ten unha coordinadora, e puxo en marcha as súas ferramentas de comunicación: páxina Web, Facebook e Twitter.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/costa-da-morte/adecom-aspira-converterse-primeira-gran-entidade-da-sociedade-civil-da-nosa-comarca/20200629074142120259.html


© 2020 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA

Banner xunta axudas copia