venres. 27.03.2026
El tiempo

Artistas e veciñanza debaten en Camelle sobre o legado de Man

ARte Man de Camelle
Artistas e veciñanza debaten en Camelle sobre o legado de Man

Se o domingo hai limpeza do porto, o sábado en Camelle tamén hai actividade. O Museo do Alemán de Camelle acollerá, a partir das 11:00h, a Xornada sobre Man e a arte na Costa da Morte, un encontro aberto á cidadanía que reunirá artistas, axentes culturais e veciñanza co obxectivo de reflexionar sobre o legado de Manfred Gnädinger, coñecido como Man, e sobre a situación das infraestruturas culturais na comarca.

A iniciativa, integrada no proxecto Sabor a Mar con R pola Asociación de Profesionais do Turismo da Costa da Morte (APTCM), pretende xerar un diálogo plural arredor da obra de Man, figura clave da arte ambiental europea, cuxo traballo converteu Camelle nun espazo de referencia cultural singular. 

O encontro abordará cuestións como a conservación do conxunto artístico creado polo autor, a pertinencia de posibles intervencións e as vías para garantir a protección e difusión dun patrimonio artístico único.

Ademais, a xornada servirá para analizar o papel das infraestruturas culturais no desenvolvemento da Costa da Morte, así como os retos e oportunidades existentes para fortalecer o tecido cultural do territorio, fomentar a participación cidadá e impulsar novas dinámicas de creación contemporánea vinculadas á identidade local.

O evento convida á veciñanza da Costa da Morte, á comunidade artística e a todas as persoas interesadas na cultura e no patrimonio a participar neste espazo de encontro e reflexión colectiva.

Máis novas

 


 

Comentarios