Venres. 29.03.2024
El tiempo

As pedras máxicas do Pedregal de Esteiro, outro tesouro granítico da Costa da Morte

As pedras máxicas do Pedregal de Esteiro, outro tesouro granítico da Costa da Morte
Imaxes do Pedregal de Esteiro en Muros de Elixio Vieites Imaxes do Pedregal e do Castelo de Esteiro de Elixio Vieites

Esta semana, Elixio Vieites recuperaba para Historia de Galicia outro dos nosos tesouros graníticos. Penedos de Traba e Pasarela, o propio Monte Pindo, os petroglifos da Laxa das Rodas, a pedra cabalgada… son algúns exemplos. Pero nunca nos achegáramos tanto ás pedras máxicas do Pedregal de Esteiro, o que Vieites califica “O pequeno Pindo de Galicia”.

Ata a riberia do esteiro areoso do Ríomaior, na ría de Muros e Noia, marchamos con Elixio, que enumera a cantidade de semellanzas co Olimpo Celta. Ambos conxuntos formaríanse hai uns 350 millóns de anos, con enormes penedías tremendamente erosionadas, dando lugar a pozas, pías, covas e mesmo gravados singulares.

Non faltan as lendas

Como non podía ser doutro xeito e como acontece cos Encantos de Pepe do Fieiro. Elixio recupera a lenda oral da Laxe Borrateira, unha rocha con “pegadas en forma de pequenas pías, do cabalo de Santo Estevo da Abelleira. Este santo mártir tería caído do cabalo a causa das pedras que lle tiraron, dende outro penedo cunha pequena cova chamada a Casa dos Xudíos, de non ser porque o cabalo deu un gran chimpo polo aire ata o lugar onde despois se erixiría a igrexa parroquial na súa honra”. Un relato que cristianiza o vello rito de “dar paus” nas pedras para que cambie o tempo.

Elixio tamén nos fala do Bico do Castelo Grande, “vestixio dunha fortaleza ou castelo medieval de vixilancia”. Ou da Pedra das Cruces, unha laxe posta en vertical con numerosas cruces gravadas de diferente tamaño, situada a carón do leito do río e cerca do Campo da Ermida, onde houbo unha pequena capela a día de hoxe desparecida, pero da que hai memoria dos seus restos.

Todas estas cousas e moitas máis cóntaas en historiadegalicia.gal.

Novas relacionadas

Comentarios