Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Bárbara Bouzas presentou na casa a segunda novela da “Triloxía Lágrimas”

Presentacion da segunda novela Lagrimas de dolor de Barbara Bouzas en Muros-FOto-Xose Sendon
Presentación da segunda novela "Lágrimas de dolor" de Bárbara Bouzas en Muros-Foto-Xose Sendón
Bárbara Bouzas presentou na casa a segunda novela da “Triloxía Lágrimas”

En xaneiro presentaba a primeira parte da “Triloxía Lágrimas”, e este pasado sábado facía o propioa coa segunda novela. “Lágrimas de dolor” veu a luz na Fábrica de Sel, arroupada pola súa veciñanza, contenta de ver como a escritora muradá segue medrando, pasando en apenas dous anos de enviar unha proposta ao concurso de ‘’Novela romántica juvenil y New Adult LxL Editorial’’, a publicar xa dúas novelas con LxL Editorial.

Bárbara contou que a primeira parte, “Lágrimas de hielo”, “parece que gustou moito e a maioría da xente que a leu estaba esperando a segunda parte con ansia”. Porque ”Lágrimas de dolor” continúa coa historia de “Lágrimas de hielo”, e de feito este acaba nun momento que engancha bastante, e os lectores queren saber que vai pasar nesta historia situada en Rusia.

Bouzas está moi contenta con todo o que rodea o libro, e espera que esta segunda se venda e se lea tanto como a primeira. “Vendeuse máis do que me pensaba”, recoñece. “E en Muros comprouno e leu moita máis xente do que pensei. E Tamén en dixital leuse bastante”, valora esperanzada.

Presentacion da segunda novela Lagrimas de dolor de Barbara Bouzas en Muros-FOto-Xose Sendon sBarbara Bouzas escribe a triolxia Lagrimas-Foto-Xose Sendon
Fotos de Xosé Sendón

Novas relacionadas

Comentarios