Imprimir

O Casino1889 acolle un Encontro de Economía Alternativa e Solidaria

Redacción | 16 de setembro de 2020

Este sábado día 19 o Casino 1889 de Carballo acolle o 5º Encontro Aberto de Economía Alternativa e Solidaria, organizado por REAS Galicia. A partir das 11 da mañá, haberá unha serie de micropresentacións con experiencias singulares. Ao mediodía, antes de xantar haberá un debate sobre como aprovietar da rede de economía social ecofeminista para saír da crise, e pola tarde será tempo dun Mercado social galego.
O aforo é limitado, polo que é necesaria inscrición previa neste formulario online.

Cea baile no Logradouro

Á noite, a partir das 21:30 no Logradouro (o bar do Casino), haberá unha cea-baile, amenizada polo Dúo Lowcos e cun menú que inclúe tempura de verduras, sushi, secreto especiado ou pakoras e unha consumición, por 18€. As reservas para asistir a este evento gastro-musical deberán facerse no email: [email protected] O aforo tamén é limitado e seguirase rigorosamente a orde de inscrición.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/carballo/casino1889-acolle-encontro-economia-alternativa-solidaria/20200916104629121905.html


© 2020 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA

Banner xunta axudas copia