Venres. 26.04.2024
El tiempo

Comezan as obras para facer un porto diferente en Caión

Comezan as obras para facer un porto diferente en Caión

Xa está en marcha a remodelación completa que fará de Caión un porto diferente. Onte colocábase o primeiro dos máis de 400 bloques que permitirán a ampliación de espazos na zona portuaria e o reforzo da seguridade nas súas instalacións. O alcalde larachés asistíu para sacar a foto xunto co presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán.

Sobre esta base proxéctase unha ampliación de espazos que permita aos usuarios do porto dispoñer dos servizos acordes á súa demanda. Esta zona encáixase fóra da primeira aliñación do actual dique de abrigo, pegado a el, e aporta unha superficie de uso de 2.200 metro cadrados.

A maiores desta explanada, proxéctase a construción dunha zona peonil polo bordo de contacto interior coas edificacións e unha pasarela elevada en substitución do actual espaldón do dique que será demolido. Deste modo, refórzase a comodidade para a actividade portuaria, pero tamén a seguridade dos usuarios, que disporán do espazo suficiente para desenvolver o seu labor sen interferir noutros, así como a dos peóns que transitarán por un espazo habilitado específicamente para este uso.

O importe total da actuación é de 3,5 millóns de euros e o prazo previsto de execución sitúase en 28 meses. Esta actuación está cofinanciada nun 65% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da Consellería do Mar.

Comentarios