Martes. 16.04.2024
El tiempo

Coñecendo a realidade do colectivo LGTBI do Salvador

Coñecendo a realidade do colectivo LGTBI do Salvador
Coñecendo a realidade do colectivo LGTBI do Salvador

O IESP Pedra da Aguia, dentro do Proxecto de educación para a cidadanía global  “Cooperación Galega: O Mundo que Queremos” financiado pola Xunta de Galicia, recibiu onte a visita de activistas LGTBI do Salvador.

O programa é un proxecto financiado pola Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE, e que forma parte da plataforma de innovación educativa ‘Plan Proxecta’, impulsada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. O instituto Pedra da Aguia leva todo este curso desenvolvendo este Programa Proxecta, tratando de profundizar e concienciar ao alumnado das problemáticas que afectan aos países empobrecidos, pero tamén ao seu propio entorno, a través de dinámicas innovadoras como xogos de rol, obradoiros de radio e vídeo, teatro, ou a visita ao instituto de persoas que traballan para mellorar as condicións de vida nos seus países co apoio da Cooperación Galega. 

O obxectivo deste encontro realizado onte é que alumnos e alumnas coñezan de primeira man a realidade do Salvador, un dos países que recibe o apoio da Cooperación Galega, e ademais se acheguen ás reivindicacións e a loita do colectivo LGTBI, un dos mais ameazados a nivel mundial.

Con este encontro imos chegando ao final do Programa que rematará en maio cunha xornada festiva onde se dará a coñecer e se compartirá con toda a comunidade educativa os contidos traballados e o traballo realizado, convertindo ao alumnado en novos activistas en prol dos dereitos humanos e a igualdade de oportunidades.

Novas relacionadas

Comentarios