Imprimir

Corme en alerta ante a avalancha de vómitos e diarreas de familias enteiras

que pasa na costa | 23 de setembro de 2019

O Concello de Ponteceso facendo entrega de auga embotellado ante o brote
O Concello de Ponteceso facendo entrega de auga embotellado ante o brote
  • Última hora: O Concello aconsella non consumir auga de traída e abastecerá de auga embotellada á poboación cormelá a partir das 17:00
  • O Sergas reforzará o PAC cun segundo médico atendendo a solicitude do goberno municipal

 

Corme en alerta ante a avalancha de vómitos e diarreas de familias enteiras

Menuda fin de semana en Corme. O PAC de Ponteceso viviu unha auténtica avalancha de [email protected], e tamén de maiores, afectados, supostamente, por un virus. “Familias enteiras” tiveron que acodir ao PAC de Corme e aínda este luns invaden o Centro de Saúde de Corme. Ademais, unha gran cantidade de [email protected] foron derivados ao Materno da Coruña (o pediatra só está martes e xoves…), onde, tras intentar cortarlle os vómitos, lle indicaron que podería ser causa dun virus, aínda que non hai confirmación oficial.

A situación coincide coa rotura de varias tuberías, que está provocando a saída de augas marróns polas villas das casas cormeláns. Dende o Centro de Saúde de Corme xa deron parte desta “Epidemia de ciclo” ao Servizo de Medicina Preventiva do SERGAS que seguramente activen un protocolo tanto de investigación como de tratamento.

Polo de pronto, os sanitarios están intentando cortar as diarreas e os vómitos con primperarán, e inciden na dieta, e no suero, fundamental para evitar a deshidratación.

”Na miña casa caímos eu, meu pai e miña nai, meus tres fillos, mina sobriña e miña nora. Libran dous de dez, de momento”, sinala un veciño cormelán.

“As ventas de papel hixiénico aumentaron considerablemente”, bromean dende a vila cormelá.

Auga embitellada

Ante a aparición de un "brote de gastroenterite", segundo informa o Concello de Ponteceso, en Corme que afecta alomenos 27 persoas, e seguindo as indicacións que vén de transmitirnos o Servizo de Sanidade Ambiental da Xunta de Galicia, o Concello de Ponteceso aconsella á poboación que, por precaución, se absteña de beber auga da traída. O goberno municipal, ante o brote, ordenou de forma preventiva a realización dunha nova analítica e a publicación das anteriores.

A partir das 17.00 horas, o Concello abastecerá de auga embotellada á veciñanza de forma gratuíta.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/ponteceso/corme-alerta-avalancha-vomitos-diarreas-familias-enteiras/20190923120306113229.html


© 2019 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA