Imprimir

A Costa da Morte tamén berrou por unha Sanidade Pública Digna en Compostela

que pasa na costa | 09 de febreiro de 2020

Zas na Manifestación pola Sanidade Publica Galega en Compostela
Zas na Manifestación pola Sanidade Publica Galega en Compostela

Non faltou a representación costeira na Manifestación convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública en Compostela. A situación de emerxencia en Centros de Saúde como os de Cee, Fisterra, Dumbría ou Zas obrigan a familias da comarca a unirse e alzar a voz conxuntamente con outras 10.000 persoas na capital galega.

Como nas grandes ocasións, os paraugas foron a cara visible da manifestación, que percorreu as rúas compostelás dende a Alameda para acabar ateigando a Quintana de berros contra a “política desmantelamento da sanidade pública do goberno do PP”. PSdeG, BNG, Común da Esquerda e En Marea amosaron estes días unidade fronte a "unha Xunta que fai oídos xordos" ao "clamor popular”.

As premisas que unen a cidadanía, organizacións e partidos da oposición son claras: "a dignidade e os dereitos para as persoas" que demandan ao Goberno galego en materia de sanidade, un "dereito universal" que debe estar "garantido", ser "accesible, eficaz e equitativo" en calquera parte do territorio.

Familias da plataforma Zas sen recortes en Sanidade, familias de Fisterra, Dumbría, Muxía ou Cee non faltaron a esta loita unidos ás veciñanzas da Estrada, A Rúa, A Mariña, Lalín ou Verín, o foco da loita nas últimas semanas.

Manifestacion pola Sanidade Publica Galega en Compostela
Enfermeiras en Loita en Compostela

Todas as novas en materia de Sanidade

Fonte

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/costa-da-morte/costa-da-morte-tamen-berrou-sanidade-publica-digna-compostela/20200209212506117247.html


© 2020 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA

Banner xunta axudas copia