Imprimir

A Federación pon en marcha a Preferente e Ligas Galegas con ascensos pero sen descensos

FútbolQPC | 19 de febreiro de 2021

Capis e colexiados no Xallas Sofan da semana pasada-Foto-SD SOfan
Na primeira fase non poderemos ver un Xallas-Sofán, pero esperamos que se poidan enfrontar este ano

Agora si. A Real Federación Galega de Fútbol abre desde hoxe ata as 23:59 horas do venres día 26 de febreiro a inscrición voluntaria tanto para a Preferente como para a 1ª División Feminina, así como as Ligas Galegas de Base (e Fútbol Sala).

As competicións terán unha configuración exprés (duración de 10 a 16 semanas), e arrincarán o 28 de marzo. O máis importante, haberá ascensos, pero non descensos, “sen que iso impida a posibilidade de descensos administrativos a modo de sanción pola comisión de infraccións graves que teñen estipulado ese castigo: tres incomparecencias ou retirada do equipo unha vez inscrito e con calendario aprobado.

O remate da temporada poderá ir máis alá do 30 de xuño.

É máis que probable a participación de Xallas e Sofán nos seus respectivos grupos da Preferente. O outro club costeiro que podería participar sería o Dumbría, con equipo nas 3 Ligas Galegas Base (Infantil, Cadete e Xuvenil), pero por agora están "valorando" a súa decisión.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/futbol-da-costa/federacion-pon-marcha-preferente-ligas-galegas-ascensos-descensos/20210219204018125090.html


© 2021 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA

Banner xunta axudas copia