Imprimir

O GALIDOC devolve a cultura ao Casino 1889

Redacción | 12 de xaneiro de 2021

A II edición do GALIDOC, o ciclo de cine documental do Casino1889, xa está aquí. Mudou decembro por xaneiro, pero este sábado 16 arrincará coa proxección do documental “Fíos Fóra”, da produtora galega Illa Bufarda:

Fíos Fóra // promo 1 from Illa Bufarda on Vimeo.

O programa continuará o sábado 23 de xaneiro, tamén ás 19:00h, cunha proxección de María Lobo e Roi Guitián.

A cita do 30 de xaneiro será con Sabela Souto.

E pecharase o ciclo o 6 de xaneiro, cunha cunha peza creada especialmente para o GALIDOC por Sol Mussa e Noa Rodríguez.

En todas as sesións faremos unha pequena presentación antes da proxección e remataremos cun coloquio coas autoras, na que o público asistente poderá compartir as súas preguntas e reflexións arredor dos filmes.

Novas relacionadas

 

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/carballo/galidoc-devolve-cultura-ao-casino-1889/20210112100511124362.html


© 2021 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA

Banner xunta axudas copia