Imprimir

Historia do drama do rural en Imaxes (II)

que pasa na costa | 27 de decembro de 2017

Nova entrega do informe sobre poboación e envellecemento na bisbarra co que imos pechando 2017. Home queremos meternos en datos relativos a comarca de Bergantiños. A situación do territorio que mais concellos e con mais habitantes aporta a bisbarra é canto peor canto mais grande e poboado está o territorio. Para entendernos, Bergantiños pasa de 43,25 anos de idade media a 47,65 solo en 14 anos (2002-2016). Ademais, pasa dos 70.588 habitantes da comarca en  1998 aos 67.890 de 2016, case 2.700 habitantes perdidos a pesares do "tirón" da capital bergantiñán, Carballo, das excelentes comunicacións coa capital provincial, dos polígonos industriais e das múltiples e continuadas inversións públicas e privadas. Pirámide Poboación Bergantiños 1998 Pirámide Poboación Bergantiños 2016                         Con todo, a Comarca de Bergantiños é a que obten unha media de idade menor de toda a bisbarra (47,65 anos) e a que mantén mellores ratios de perda de poboación. Ainda así, as proxeccións do IGE a 15 anos vista, e  concretamente para 2031, falan de que Bergantiños podería perder outros 10.000 habitantes, quedando a cifra de residentes ao redor dos 58.700 (Continuará)      
Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/cabana/historia-do-drama-do-rural-en-imaxes-ii/20171227070232086628.html


© 2020 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA

Banner xunta axudas copia