Imprimir

Imaxínaste unha escultura de ferro con cheiro a flores?

que pasa na costa | 20 de agosto de 2019

Esculturas con flores de María Lema
Esculturas con flores de María Lema

Unha peza artística única que combina a dureza do ferro coa delicadeza de flores naturais. Coa colaboración da creativa e florista Tania Brea @taniabreaflor, a creativa dumbriesa María Lema lánzase de novo á aventura creando un conxunto de 7 pezas dentro da colección @caminandoporlasestrellas con elementos naturais que decora e ambienta o espazo.

O Camiño de Santiago é un camiño pola natureza, polas cores, os sons e tamén os cheiros. Esta pequena mostra pretende servir de homenaxe á nosa nai natureza; esa que gozamos plenamente cando estamos a facer o camiño. A pequena exposición atópase no Albergue Bela Muxía e pode visitarse durante os meses de agosto e setiembre.

“Grazas a todos os que apoiades a arte e a creatividade e permitides que este mundo non sexa tan gris”, sinala María Lema.

Esculturas de María Lema en Bela Muxia

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/dumbria/imaxinaste-escultura-ferro-cheiro-flores/20190820104457112350.html


© 2019 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA