Imprimir

Licitan a mellora do firme de varias estradas da Costa da Morte

que pasa na costa | 01 de xuño de 2017

mellora-firme-estradas Realizaranse melloras no firme das estradas autonómicas de Carballo, Coristanco, Mazaricos, Santa Comba e Zas O Diario Oficial de Galicia publicou onte dúas licitacións de distintos reforzos de firme na provincia da Coruña. O cal suma un total de 150 quilómetros de estradas de titularidade autonómica que acadan un investimento de saída de máis de 1,8 millóns de euros. En canto a Costa da Morte, as obras de mellora realizaranse nas estradas de titularidade autonómica dos concellos de Carballo, Cerceda, Coristanco, Mazaricos, Outes, Santa Comba, Tordoia e Zas. Este grupo de traballos sae a licitación por un importe máximo de 907.000 euros. O período de execución, unha vez se adxudiquen, é de catro meses. Tamén saíron a licitación as actuacións necesarias para levar a cabo unha serie de reparacións estruturais e superficiais que permitan prolongar a vida útil do pavimento das estradas AC-241,AC- 242 e AC-302, todas elas da rede secundaria da Xunta de Galicia. Os traballos neste caso afectan a 33,6 quilómetros das estradas AC-241 Ponte Ulla (N-525)- Pontevea (AC-841), AC-242 Padrón (N-550)- Pontevea (AC-841), e AC-302A Pobra do Caramiñal (AC-305)- Oleiros (AC-550). Serán os concellos de Vedra, Teo, Padrón, A Pobra do Caramiñal e Ribeira os que se beneficien destas melloras. Novas relacionadas Fonte
Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/mazaricos/licitan-a-mellora-do-firme-de-varias-estradas-da-costa-da-morte/20170601060723084600.html


© 2020 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA

Banner xunta axudas copia