Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Manifestación comarcal da Hostalería e o Turismo: “O Plan de Rescate actual é unha farsa”

Manifectacion salvemos a hostalaria Cee-Carballo
Manifestación comarcal da Hostalería e o Turismo: “O Plan de Rescate actual é unha farsa”

Primeira gran acción da recén conformada Plataforma de Turismo e hostalaría da Costa da Morte. A entidade, que aglutina as vontades de 11 Asociacións, máis de 600 soci@s e 3.500 familias da nosa zona, convoca para este domingo 28 de febrero, unha gran manifestación en protesta polo “mal chamado Plan de Rescate a hostalaría, proposto pola Xunta de Galicia, e que resulta falso, insuficiente e inxusto”.

”Toda a xente que dependemos do Turismo e da Hostalaría na Costa da Morte, estamos fartos, de que nos ninguneen, de que non conten con nós para un verdadeiro Plan de Rescate, non como actual, que é unha farsa, onde non se cumpre nada do prometido e dito dende fai un ano. Temos que pechar, e non queremos axudas, queremos Rescate”, explican nun comunicado.

”Somos empresas intervidas polo goberno, impídennos realizar a nosa actividade, legalmente desenvolvida, por eso esiximos un RESCATE SECTORIAL e as INDEMNIZACIÓNS ás que temos dereito porque así o marca a lei, que nos permitan manter vivos os nosos negocios e as nosas unidades familiares”, argumentan. “E non falamos de pedir esmola, falamos de esixir o que nos corresponde polo peche gobernativo dos nosos centros de traballo, por impedirnos a actividade por unha razón de forza maior, a pandemia”, matizan.

Percorrido da Manifestación

Sairá a caravana de coches dende Fisterra ás 15:00 hras, á que se irá unindo vehículos que esperan en Corcubión (no peirao da carcere) e en Cee ás 15:20 (na saída de Cee, parking do Eroski), seguido en Vimianzo ás 16:00hras (no polígono industrial); en Baio (no polígono industrial do Allo) ás 16:20hras, percorrendo a AC 552 ata chegar a Carballo.

En Carballo, poderase aparcar no Rego da Balsa, onde haberá xuntanza ás 17:00 fronte a Biblioteca, e a manifestación recorrerá a Rúa Pontevedra, Rúa Vázquez de Parga, Praza de Galicia, Rúa Fomento, Rúa Rio Anllóns, Rua Río Miño, Avenida da Milagrosa, e rematarase na Praza dos Bombeiros, sobre as 17:30h, onde se lerá un manifesto.

Novas relacionadas

¡

Comentarios