Venres. 29.03.2024
El tiempo

Mazaricos recupera a vida no rural a base de fotos

Mazaricos recupera a vida no rural a base de fotos
fotos-do-concurso-eu-son-mazaricos Pincha na imaxe e escolle as fotos que máis che prestan

Arrinca a semana máis importante do ano en Mazaricos. A Semana Gandeira sitúa ao concello xalleiro no epicentro do sector agro-gandeiro galego, demostrando o potencial económico e social da MZ e poñendo en valor a súa esencia. Estes días debullaremos o programa de cara á gran fin de semana, pero antes imos repasando como vén a semana.

Unha das actividades que máis sona está collendo é o II Concurso de Fotografía “A vida no rural”, que promove a xente de Eu Son Mazaricos.

Na liña daquela mítica ”Serna de 2006”, o Concurso xa conta con máis de 60 fotos dos propios usuarios do Facebook, que mandaron as súas estampas ata o pasado venres.

Agora compre darlle a “megusta” ás que máis vos presten, para escoller as fotos premiadas: a foto máis artística, a máis votada, a máis entrañable e máis divertida.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios