Imprimir

A mocidade de Mazaricos vai de aventura a Portugal

que pasa na costa | 30 de xullo de 2019

Finde Multiaventura en Portugal dende Mazaricos
Finde Multiaventura en Portugal dende Mazaricos
actividade está indicada para nenas e nenos de 13 a 17 anos

O Concello de Mazaricos organiza unha fin de semana multiaventura en Pena Aventura, un incrible parque situado no norte de Portugal, nun entorno natural espectacular e cunha das tirolinas máis grande do mundo. Será os días 9 e 10 de agosto e a saída terá lugar o venres ás 8 da mañá na Casa do Concello.

As actividades programadas, indicadas para nenas e nenos de 13 a 17 anos, son: circuíto aventura, salto negativo, caza do tesouro, fantasticable, escalada, alpine coaster, crazy carts e slide. 

O prezo é de 70€ para persoas que estean empadroadas no concello e de 90€ para aquelas que non. O límite para anotarse é o 5 de agosto e é preciso presentar copia do DNI e tarxeta sanitaria. O teléfono para máis informacióné o 981 86 71 04.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/mazaricos/mocidade-mazaricos-vai-aventura-portugal/20190730114559111863.html


© 2019 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA