Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O Museo MAN xa emite a mensaxe universal de solidariedade da Fundación Vicente Ferrer

Visita da Fundacion Vicente Ferrer no Museo MAN
Visita da Fundacion Vicente Ferrer no Museo MAN
O Museo MAN xa emite a mensaxe universal de solidariedade da Fundación Vicente Ferrer

Esta fin de semana vestiuse de gala o Museo MAN de Camelle para acoller a exposición internacional e solidaria ‘De Anantapur a Camelle pasando por el Mediterráneo’. A Fundación Vicente Ferrer quixo achegar ata este recuncho do occidente europeo este traballo artístico da III Ruta da Arte de Anantapur, para dar visibilidade a todo o que fai en favor das xentes máis desfavorecidas da India.

A exposición, itinerante, chega a Camariñas como punto final nunha longa andaina, que comezou en Baleares e que tivo como puntos de encontro tamén a comarca valenciana da Mariña Alta. Poderá visitarse ata o 25 de outubro, e será obrigatorio o uso de máscara sanitaria.

Durante o acto de presnetación, a alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, destacou a ‘relevancia de acoller en Camariñas unha exposición como esta, coa solidaridade como elemento vehicular. Quero agradecer á Fundación Vicente Ferrer, desde este enclave, a súa labor a favor da nosa comunidade, e o esforzo inconmensurable que fan polas clases máis desfavorecidas. É indispensable a existencia de organizacións coma esta, e en Camariñas terán sempre os brazos abertos para recibilos’, sinalou.

Pola súa banda, o comisario da exposición, Antoni Torres, sinalou que ‘creemos que es importante venir para enseñar el trabajo que hacemos en la India, y a su vez también es importante que la gente conozca el arte contemporáneo. Es muy importante para Camelle tener un museo como el de MAN, que pueda tener un espacio para contemplar sus obras porque fue un hombre adelantado a su tiempo”.

Visita da Fundacion Vicente Ferrer no Museo MAN 2

Unha mensaxe universal

A mostra recolle os traballos de oito artistas (Albert Pinya, Amparo Sard, Cristina Torbellina, Doralice Souza, Pep Guerrero, Rif Sphani, Tomeu Coll e Zulema Bagu) representantes de ‘Mata Sombras’ (“Mate Ombres” orixinariamente) que visitaron á India o pasado mes de febreiro.

As pinturas e as fotografías incluídas na exposición fanse eco dunha mensaxe universal: “a transformación social conséguese con valores como a educación, a cooperación ou a inserción, para conseguir unha vida máis xusta e digna naqueles sectores máis vulnerables”.

Novas relacionadas

 

Máis novas

Comentarios