Venres. 26.04.2024
El tiempo

Muxía acollerá a IV Gala do Fútbol da Costa - QPC co apoio da FGF

Muxía acollerá a IV Gala do Fútbol da Costa - QPC co apoio da FGF
Cartel Gala Futbol da Costa QPC 2017 Xa está aquí. Rematan as competicións ligueiras e xa temos ao equipo de QPC a tope buscando os mellores do curso. Xa estamos comezando cas votacións entre máis de 100 persoas vencelladas ao noso Fútbol da Costa, para que sexan eles os que escollan boa parte dos premios que se entregarán nesta IV Gala do Fútbol da Costa - QPC. Unha Gala que este ano dá un paso adiante, contando coa directa participación da Federación Galega de Fútbol. Teremos ao seu presidente Rafael Louzán e a toda unha delegación presente dando conta da atención desta directiva polo noso fútbol. A cita será o vindeiro venres 16 de xuño no Salón de Actos do Voluntariado, do edificio de Servizos Múltiples do Concello de Muxía, tamén colaborador do evento. Como estes pasados anos, faremos entrega de case 30 premios, e teremos os momentos emotivos na lembranza de Abdoulaye e de Alex Pombo. Esperamos que esta Gala siga sendo o punto de encontro do Fútbol costeiro.

As Galas do Fútbol da Costa

Máis información

Fonte

Comentarios