Imprimir

O concello de Zas sube á rede a parroquia de Carreira

que pasa na costa | 14 de xaneiro de 2018

cabana-tradicional-carreira-zas Os membros da asociación O Santiaguiño de Carreira construiu recenemente unha cabana de palla tradicional. Imaxe: Evaristo Domínguez A parroquia de Carreira é a protagonista da nova entrega de "Zas polo miúdo", un programa de información en liña posto en marcha pola Concellería de Cultura do concello de Zas para dar a coñecer “polo miúdo” a riqueza natural e cultural de cada unha das dezaseis parroquias que compoñen o municipio.   Nesta entrega que reside na web municipal pódese atopar os principais datos demográficos e xeográficos da parroquia de Santiago de Carreira. Neste repaso pola freguesía tamén se fai unha mención especial ao movemento asociativo, especialmente á asociación O Santiaguiño que traballou pola recuperación do cultivo do liño, a construción dunha praia fluvial, a cría de cabalos no somonte de Pico de Meda, a festa da praia, a rapa das bestas e tamén restaurou unha casa de pedra que a día de hoxe se utiliza como local social. Precisamente este movemento social foi o tema elixido por unha antropóloga canadense - Sharon R. Roseman - que máis tarde publicou o libro “O rexurdimento dunha base rural no concello de Zas. O Santiaguiño de Carreira” (Edicóns Baía, 2008). Outro dos traballos que realizaron recentemente os membros desta entidade foi unha cabana tradicional con palla de millo – situada preto da igrexa –. Esta iniciativa - na que xa se repasaron once das dezaseis parroquias do Concello de Zas - conta coa colaboración dos historiadores Evaristo Domínguez Rial e Xosé Mª Lema Suárez.

Máis información

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte    
Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/zas/o-concello-de-zas-sube-a-rede-a-parroquia-de-carreira/20180114060537086764.html


© 2019 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA