Venres. 19.04.2024
El tiempo

O Festiletras, un novo fervedoiro cultural galego

O Festiletras, un novo fervedoiro cultural galego
Festiletras 2018 Programa_Mesa de trabajo 1 Chega unha nova edición, a 36ª, da máis gran festa das Letras Galegas de todo o país. A pequena aldea do Couto convertirase no meirande fervedoiro cultural de Galicia entre os días 16 e 20 de maio. 5 días, menos que os pasados anos, pero cheos de personalidades e de actividades para todos os públicos, co pano de fondo da protagonista deste 2018, María Victoria Moreno. Teremos un día adicado á internet, outro á ciencia e como non, outro ás Aldeas singulares, con ese encontro que fai da aldea pontecesá o foco de recuperación da vida no rural. Tanxugueiras, Sés, e Terbutalina son os nomes musicais que máis soan, pero ademais estarán xentes como o científico baiés Jorge Mira, as regueifeiras Lupe Blanco e Alba María, Xurxo Souto, Xabi Solano…

Bos e Xenerosos

Bos e Xenerosos do Festiletras da Fundacion Eduardo Pondal 2018 Este 2018 os escollidos para recibir o galardón dos Bos e Xenerosos son a escritora Marilar Alexandre, o debuxante Xaquín Marín, o artista da escena Quico Cadaval e a cantante Sés. A entrega servirá, coma sempre, para abrir o programa, o mércores 16 de maio a partir das 21:00h.

Programa completo Festiletras 2018

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios