Xoves. 28.03.2024
El tiempo
José Luis Louzán
21:09
26/06/09

Os “Salvapatrias”

Os “Salvapatrias”
As verdades como puños de José Luis Louzán

Xa o teño dito nalgunha ocasión pero vivimos un momento da historia importantísimo. Os acontecementos no país, no mundo e tamén por suposto no noso entorno mais cercano vanse sucedendo diante das nosas narices, entre a indiferenza xeral ou a impotencia mais absoluta. E como xa dixen, todo acontece gobernados polas peores persoas posibles.

Non me refiro a ningún partido en concreto (xa é coñecida a miña fobia pola “partidocracia” imperante) senón as persoas, os individuos, cada un do seu pai e nai, cada un con DNI e personalidade propias. E mentres diante nosa se colocou hai tempo un fino telón que nos enturba a vista da realidade do noso goberno, mande quen mande, se segue perdendo a identidade dos autores do desastre. “Non hai peor cego que quen non quere ver” afirma o dito, e nesas estamos agora mesmo, inmersos nun baile de mascaras, de anti contra salvapatrias, onde dicir algo e caer cara unha das dúas bandas significa formar parte das filas dun dos dous bandos. Aínda que un non queira.

Non me sinto salvapatrias. Non considero que o meu discurso sirva para nada en particular, tal vez para un par de fugaces pensamentos, unha busqueda da identidade particular de cada un diante do poder dominante, teña este a forma que sexa, e pouco mais. Pero esta visto que para alguén as miñas diatribas semanais na radio si deben ter importancia de algún xeito, dado que se solicita copia da súa emisión. Ben, agardo que sexa para reflexionar sobre algún dos detalles nos que incorro, ou para debater si se esta ou non de acordo co seu contido. Resultaría mais sinxelo debatelo comigo, o seu autor, pero tamén pode server facelo na compaña de terceiros que podan, o mellor, terxiversar as miñas palabras. Sinceramente, tanto me da. Digo o que digo porque o vexo, e porque case nunca ninguén decide vir o meu carón a facerme saír do meu erro con argumentos.

Sona moi personalista pero outra das particularidades dos meus textos é que me custa moitísimo falar ou escribir sobre cousas que me dan mais ou menos igual, ou que relativizo por parecerme pouco importantes para a comunidade.

Non me importa demasiado como vaian as cousas en Venezuela, ou a actualidade política en Cuba. Me dan igual as cifras do paro en Madrid (ollo, as cifras, non os parados). Me importa pouco o debate político actual entre as forzas dominantes en Galicia, porque se coloque ou non unha base de helicópteros en Cee non significa nada para min nin para o 65% da poboación, aproximadamente. O que me importa é a seguridade dos mariñeiros e a dimisión da súa responsabilidade dun goberno que hai décadas que lle importan un bledo os mariñeiros mortos pola súa ineptitude. Me da igual si a autopista isto ou si a autopista aquilo. O PSOE e BNG tiveron catro anos, 1460 dias, 35.040 horas para proxectar, autorizar e poñer en marcha a obra... pero o PP tivo 16 anos (e xa non multiplico para non facer mais sangue). Pouco teñen do que falar salvo pedir desculpas e rematar dunha puñetera vez. Do porto de Brens xa non falo. O día que se convenzan do pouco que me importa a min o seu xogo de política de bar, eu douche isto e non che quito aquilo, o mellor facemos algo.

Pero dado que non existe interese en demostrar, a diario, a esta clase política a súa ineptitude. Dado que o profundo desprezo que eles si expresan por nos constantemente, apoiados na nosa proverbial indiferenza non serve para nada diante do silencio cómplice da maioría. Dado que vivimos aquí a maioría, por non vivir noutro lado, por pura inercia, instalados neste devir que non leva a parte ningunha. Dado que mande Xan ou mande Perillan a cousa vai ser mais ou menos igual ¿quen precisa Salvapatrias ningún?. A fin é o cabo, non queda patria que salvar...nin falta que fai.

  • José Luis Louzán.

Comentarios