Xoves. 28.03.2024
El tiempo

A Preferente poderá comezar o vindeiro 29 de novembro

Preferente Norte 201-2021
Preferente Norte 201-2021
A Preferente poderá comezar o vindeiro 29 de novembro

Este mércores os equipos de Preferente mantiveron unha reunión importante, desta volta presencial, en Santiago de Compostela, coa Real Federación Galega de Fútbol. Unha reunión que serviu para dar “un pasiño máis”, como recoñece o presidente da SD Sofán, Ricardo Tasende, que clarexa o futuro inmediato do fútbol galego.

Os clubs xa avisaran de que sen xente no campo e as cantinas abertas non ían acceder a comezar a temporada. E parece que o protocolo da Xunta vai permitir ambas cousas, con restricións, pero vai permitir que haia xente, sentada e de pé, e que as cantinas poidan traballar.

Outro dos compromisos é do facer PCR a todos os xogadores cada 14 días, asumindo a RFGF parte do investimento necesario, e que suporía un custe de 2-3€ por xogador. Evidentemente, todos os clubs votaron a favor de xogar sen máscara.

Así, se finalmente a Xunta confirma a aceptación a estas medidas, a RFGF daría comezo á competición de Preferente o vindeiro 29 de novembro.

Para elo, manteríase a proposta competicional básica presentada o mes pasado, con algunha modificación, como a creación de 3, e non 2, grupos. Deste xeito, o Sofán quedaría encadrado cos clubs da Coruña, mentres o Xallas pasaría a competir cos da zona de Santiago-Noia.

Os 2 primeiros pasarían á fase de ascenso e o resto irían á fase de descenso, manténdose certos puntos por posicións de cara a esas seguintes fases.

Grupos Preferente Norte 201-2021

Novas relacionadas

Comentarios