Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Surfeiros vascos, portugueses e brasileiros poñen en valor “A Tremosa”

Expedicion de After Surf na Tremosa a onda xigante da Costa da Morte-Foto-Remi Berthet 3
Foto de Remi Berthet a un dos membros da expedicion de After Surf na Tremosa, a onda xigante da Costa da Morte
Surfeiros vascos, portugueses e brasileiros poñen en valor “A Tremosa”

Menudo impulso mediático está collendo A Tremosa este inverno. A onda xigante situada ao norte da praia da Barda, en Corme, está sendo a gran revulsiva do panorama surfeiro mundial, e nos sitúa nunha boa posición para a segunda intentona da conseguir se catalogada como Reserva Mundial de Surf.

Estes días case coinciden na auga dúas expedicións internacionais:
Por un lado, o equipo o vasco comandando por Axi Muniain, un dos grandes descubridores desta onda xa dende 2013, leva un mes na zona, cunha casiña facendo de campamento base no Roncudo

Polo outro, a banda portuguesa chegada dende Nazaret, que chegan con moita forza desexando ensinar este patrimonio ao mundo enteiro da man de After Surf.

Se os vascos saíron ao mediodía con tres motos, Os portugueses saíron con dúas en compañía da planeadora do percebeiro e patrón da Confraría Roberto Vidal, amigo da panda dende a súa participación na campaña de RedBull. Un equipo no que as caras visibles son Eric Rebiere, o armadanzas, traendo como invitados a Tean Yuki Brand, Ian Consenza, Michelle des Bouillon, unha das tres grandes mulleres que sorfea en Nazaret, e Rodrigo Koxa, Campión Mundial de ondas gigantes WSL e Record Guinnes Mundial, tras surfear unha onda de máis de 24 metros en Nazaret. “Uns dos mellores surfeiros de ondas grandes do mundo”, apunta o fotógrafo Remi Berthet.

A súa idea é darlle cancha á zona, porque "todos levaron unha moi boa experiencia e queren volver con máis mar”, sinala Remi.  De feito, o grupo Gigantes de Nazaret xa está buscando un local en Corme, para facer un campamento base, e mesmo están desexando ata facer un campionato forte arredor desta onda.

Expedicion de After Surf nunha bomba da Tremosa a onda xigante da Costa da Morte-Foto-Remi Berthet
Bomba cazada por Remi Berthet na TremosaExpedicion de After Surf na Tremosa a onda xigante da Costa da Morte-Foto-Remi Berthet 4
Outra imaxe de Remi Berthet da imponente Tremosa
Motos da expedicion de After Surf en Corme
Dous motos da expedición de After Surf no porto de Corme

 

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

A post shared by Ericsurfer (@ericrebiere)

 

Novas relacionadas

Comentarios