Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Veteranos: Rematou a competición ligueira con doble empate

  • En www.copadacosta.com xa están actualizadas todas as táboas da Copa da Costa de Veteranos e da Promoción de Ascenso á D.H..
Zas e Mazaricos campion das LIgas de Veteranos 1819
Veteranos: Rematou a competición ligueira con doble empate

O Fútbol de Veteranos da Costa deu por terminada esta liga proclamándse campión o Zas, en División de Honra, e subcampión o San Román. Os dous remataron cos mesmos puntos, perdendo o San Román polos enfrontamentos directos. O Zas, se quería ser campión de Liga, non podía fallar no campo do Corcoesto onde se enfrontaba aos locais nun campo de herba natural e estar pendente do teléfono para saber do resultado do outro partido que se estaba a disputar á mesma hora entre o Cabana e San Román. Eran os dous equipos que más opcións tiñan de gañar a Liga xa que o outro equipo San Lorenzo non dependía de si mesmo, se non tiña que darse o caso de perder os dous equipos anteriores e gañar eles.

O San Lorenzo, sí que gaño o seu partido ante o Nantón, conseguindo a vitoria más abultada da xornada con ese 10-1, pero esta goleada tamén valeu, contra todo pronóstico, que o dianteiro do San Lorenzo Edgar, cos seus 8 goles marcados neste partido se proclamase como o Máximo Goleador da Liga División de Honor con 33, seguido de Braulio, xogador do Sp, Zas, que finalizou con 30. Cómpre dicir que Braulio partía antes do inicio deste partido con 5 goles de vantaxe.

O Sp.Zas, foi con todo o seu artillería ao campo do Corcoesto, sabendo que non podía fallar e arrincou o partido presionando moito ao rival e aos 7 minutos xa se adiantaba no marcador por medio do seu goleador Braulio, que tamén puña un gol más no seu taboleiro particular como Máximo goleador DH. Pero o futbol tamén dá estas sorpresas, nese mesmo minuto xa que, os partidos deron inicio á mesma hora, o xogador do San Lorenzo Edgar, xa marcara 3 goles, pero seguía Braulio con tres de vantaxe, o Sp Zas gaño o seu partido por 0-4 con 1 de Braulio, 2 de Baña e un de Óscar Suárez.


Carlos Allo do Cabana e Sebas do San Roman ao final do partido. Á dereita, Maceiras marcou para o San Román

O Cabana-San Román era o outro partido onde estaba a liga en xogo, pero o San Román, para ser campeón tiña que fallar o S. Zas, no seu partido, perdendo ou empatando, eles tiñan que gañar e esperar ao que fixesen os seus rivais. Empezou o partido cun San Román conservador, intentado conseguir que a posesión do balón fose deles, pero non estaba por ese labor un Cabana que na primeira parte foi deles, tocando moi ben o balón e creando moito perigo ante a portería do porteiro da primeira parte do San Román, Cotelo, que tivo que intervir con dúas paradas de moito mérito para que o balón non entrase no seu portería. Un Cabana que baixo as ordes do seu Mister Allo, realizou un gran primeiro tempo, dominando o xogo con pases moi acertados e ata se permitiu Víctor fixese un cañito a un defensor do San Román, que foi aplaudido polos seus compañeros pero pouco lle gusto ao defensor do San Román. Un partido onde, sobre todo, reinou a deportividade dos dous equipos.

Ao final, xogarán a Copa Galicia o Zas e San Román.

Empate a puntos tamén en 1ª

En 1ª tamén finalizou a liga con empate a 54 puntos, entre Mazaricos e Razo, sendo campión de liga o cadro mazaricán polo enfrontamento directo entre ambos, pois gañou os dous partidos, 2-4 en Razo, e 4-2 en Mazaricos.

O Razo impúxose ao San Ramón, por un 4-3 cando estaba en xogo o ser campeón de Liga, o Razo no 76 gañaba por catro goles a un e se durase un pouco o partido todo podía pasar debido a que finalizo co resultado antes devandito pero por pouco lle empata o San Ramón.

O outro partido onde se xogaba también a liga era ese enfrontamento entre o Mazaricos e Leiloio, partido que deu inicio media hora máis tarde do Razo, polo que o cadro amarelo xa coñecían o resultado, e con este empate a dous goles lograban o obxectivo os dous equipos, o Mazaricos para ser campión de Liga e o Leiloio para xogar a promoción que dá dereito ao terceiro equipo con pase a División de Honor.

Deportivo Carballo e Xornes foi o outro encontro onde se xogaba o equipo de casa a posibilidade de ir a esa promoción que de gañala lle daríao pase, pero o partido finalizou con vitoria visitante por 1-6 a favor do Xornes que non se xogaba nada neste encontro.

No apartado de máximos goleadores de 1ª Division, destacar ao dianteiro do Malpica, Palermo que el só marco 36 goles (2 de penalti).

Previa da Copa de Veteranos

O pasado venres 5 de abril celebrouse o sorteo da Copa da Costa. Xa está en www.copadacosta.com o cadro da Previa, que se disputará a ida e volta os 14 e 28 de abril, cos equipos que disputan a Promoción (Leiloio, Corme, Malpica e Sofán) ademais de Mazaricos e Porteño.

O martes 30 sortearase o resto da competición.

Máis información

Comentarios