Continúan as actividades nas Torres do Allo
08:06 01/08/17
Todos os domingos, ás 19:30 horas, a compañía de teatro Os Quinquilláns devolvénlle a vida ao pazo coas súas visitas guiadas
Agosto entra con forza no pazo das Torres do Allo enchendo así de actividades a un dos poucos pazos abertos ao público de toda a comunidade. Así, todos os días - ás 13 e ás 17 horas - hai un servizo gratuito de visitas guiadas. Xa todos os domingos do mes de agosto, ás 19:30 horas, a compañía de teatro Os Quinquilláns é a encargada de devolverlle a vida Francisca Riobóo e a Victor López Seoane dentro do programa de visitas guiadas teatralizadas.
Tamén continúa aberto ata o 20 de agosto o prazo de presentación dos traballos participantes no I concurso de fotografía co móbil "Enfoques do Allo", que ofrece unha bolsa de premios de 100, 75 e 50 euros para as fotos máis fermosas e
impactantes.
Para os que queiran achegarse dunha maneira máis lúdica ás Torres poden animarse tamén a participar no xogo de pistas “Os secretos Ocultos nas Torres”. Tanto nenos como adultos poderán descubrir as historias e curiosidades menos coñecidas do primeiro pazo galego. O xogo poderá realizarse durante o horario de apertura das Torres do Allo que é de luns a venres de 11 a 20 horas e sábados e domingos de 11 a 21 horas.
Máis información
Novas relacionadas- As Torres do Allo énchense de música clásica, xogos e visitas guiadas durante a fin de semana
- Zas promociona as Torres do Allo a través dun concurso de fotografía
- As Torres do Allo dixitalízanse e énchense de actividades
- As Torres do Allo estrean horario de verán
- Un grupo de profesores de distintas universidades visitan as Torres do Allo
- Lucho Penabade: “O Castelo de Vimianzo e as Torres do Allo son os escenarios ideais para as visitas teatralizadas”
- Abril 2017: As visitas teatralizadas volven ás Torres do Allo na Semana Santa
- Xaneiro 2017: As Torres do Allo estrean folletos
- Xaneiro 2017: Os mil segredos das Torres do Allo
- Novembro 2016: 140 alumnos de Zas aprenden a historia da comarca nas Torres do Allo
- Setembro 2016: As Torres do Allo acollen unha exposición de pezas de Olería de Buño
- Setembro 2016: Máis de 2200 persoas visitaron as Torres do Allo durante o verán
- Setembro 2016: 400 persoas disfrutaron das visitas teatralizadas das Torres do Allo
- Xullo 2016: Máis de 900 persoas visitan as Torres do Allo nos últimos tres meses.
- Xullo 2016: As Torres do Allo potencian o seu pasado.
- As visitas teatralizadas chegan ás Torres do Allo
- O Concello de Zas xestionará as visitas e a difusión das Torres do Allo
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Torres do Allo