![Imaxe do Cabana-Xallas da Copa da Costa Xuvenil-Foto-Cabana]()
Imaxe do Cabana-Xallas da Copa da Costa Xuvenil-Foto-Cabana
![A tenda Máis Deporte, en Cee, patrocina as Ligas de Xuvenís. Pincha e coñécenos a través do noso Facebook]()
A tenda Máis Deporte, en Cee, patrocina as Ligas de Xuvenís. Pincha e coñécenos a través do noso Facebook
Fisterra, Xallas, Camariñas e Ponteceso meteron un pé nas semis da
Copa da Costa Xuvenil trala disputa, este pasado sábado, da ida dos Cuartos. Se Xallas e Ponteceso xa practicamente meteron os dous pés (a sorpresa da xornada puido ser a rotunda goleada dos pontecesáns a un Cee que será o segundo equipo que participe na Fase de Ascenso á Liga Galega), Fisterra e Camariñas aínda terá que pelexar na volta contra os equipos muradáns.
Os Miúdos - Fisterra (0-2)
- Campo: Eleuterio Balayo.
- Os Miúdos: Balayo, Dani, Lize, Yeray, Gael, Jose, Raúl, Pesky, Manuel (Xavi), Bruno (Ángel) e Javi (Óscar).
- Fisterra: Aarón, César, Andrés, Fabián, Papin, Anchoa, Pichino, Breixo, Gonzalo, Xose e Dani.
- Goles: 0-1, m.20: Breixo aproveita un rexeite tras un córner; 0-2, m.70: Breixo remata un centro de Gonzalo.
Con 11, a semis
Chegaba con 11 o Fisterra a Louro pero soubo xogar ben as súas armas. Cedeu o dominio ao cadro local, que levou o peso do partido en todo momento, pero non foi quen de romper a liña defensiva ben prantada dos novos “trovadores” de Eskío. Sería Breixo, o de sempre, o que marcaría un gol de “pillo” para adiantar aos visitantes. Tivo o cadro local algunha ocasión pero non acertarían.
Xa na segunda saían de novo os muradáns polo empate, con varias ocasións claras, pero co paso dos minutos o Fisterra ía dominando os tempos. Aproveitaba Andrés que o Montelouro tiña a defensa moi adiantada para meter bos balóns en profundidade buscando a Dani e Gonzalo, e nunha desas contras Breixo remataba un centro do segundo para marcar un segundo tanto que deixa a volta ben encarrilada para os verdes.
Cabana - Xallas (1-5)
- Campo: As Redondas.
- Cabana: Darío, Martín, Pipa, Aurelio, Reigía (Carlos), Mateo (Álex López), Álex (David Muíño), Julián, Ferreiro, Santi e Pablo (Nando).
- Xallas: Coke, Raúl, Xoel (Guillín), Pablo, Rubén, Alberto, Juanjo (Fran), Carlos (Peke), Anxo, Sergio Barbeira (Pablo Grille) e Thiago (Alex).
- Goles: 1-0, m.10: Barbeira de penalti; 0-2, m.20: Barbeira tras levar a media defensa; 0-3, m.55: Barbeira; 1-3, m.55: Pablo;; 1-4, m.65: Barbeira; 1-5, m.80: Pablo a centro de Anxo.
- Expulsións: o central cabanés no m.10 e o xalleiro Coke (m.30).
Con 10, imposible ante o Xallas
Partido disputado nas Redondas cun gran ambiente fútboleiro. Os verdes saían demostrando por que son os grandes favoritos, pero ademais, aos 20 minutos, un penalti e expulsión deixaba o partido practicamente decantado. Sergio Barbeira marcaba dous tantos antes de que Coke fose expulsado igualando a contenda. Dez contra Dez quixose estirar o Cabana incluso recortou distancias, pero en dez minutos da segunda Sergio firmaría un poker e deixaría o partido sentenciado.
De aí o final só compre destacar a participación dos xalleiros cadetes Fran, Peke, Pablo e Guillin, ademais do penalti que detivo o porteiro xalleiro Álex, un dos mellores do partido.
Camariñas - Montelouro (4-2)
- Campo: Hermanas Patiño.
- Camariñas: Brais Nión, Lista, Gabriel, Facundo (Espi), Joseba, Brandon, Adri (Maikel), Jav, Pablo Mouzo, Álvaro (David) e Miguel.
- Montelouro: Joaquín, Sergio, Borja, Bouzas, Adricc (Bertín, m.80), Anxo, Adrián, Fran, Juan de Celia, Xanma (Javi, m.80) e Alexis (Aarón, m.75).
- Goles: 1-0, m.30: Miguel; 2-0, m.38: Brandon; 3-0, m.59: Espi; 3-1, m.61: Fran; 3-2, m.62: Juan de Celia; 4-2, m.86: Maikel tras un xogadón de Brandon.
Con esperanzas para a volta
Un gol cando quedaban 5 minutos deixa a eliminatoria do lado camariñán. Foi un bo partido, con moito fútbol, cun cadro camariñán algo máis enchufado ante uns loureáns algo desacertados. Metíanse por diante os locais, que marchaban 2-0 ao descanso. Parecía que a eliminatoria se marchaba definitivamente cando Pablo facía o terceiro, pero en apenas 3 minutos o Louro metíase de cheo con dous tantos fugaces. Volvía o Camariñas a controlar e marcaba a 4 para o final un tanto que pode valer moito.
En todo caso, os loureáns están convencidos de poder darlle a volta á tortilla en Agra da Filgueira.
Ponteceso - Cee (5-0)
- Ponteceso: Damián, Adrián, Jorge, Villar, Luca (Alberto) (Busto), Yago (Fandiño), Cacha (Loureiro), Eloy, Aday e Jose Ángel.
- Cee: Paulo, Alex Agulleiro, Adrián (Tivi, m.63), Borja, Chema, Castillo (Soto, m.80), Alex Castro (Samu Filgueiras), Hugo, Isma, Xabi Castro (Toño, m.77), Lagoa (Saulo, m.48).
- Goles: 1-0: Yago; 2-0: Aday marca un glazo por toda a escuadra; 3-0: José Ángel aproveita un regalo da defensa ceense; (descanso); 4-0: Villar tras un córner; 5-0: Eloy pola escuadra.
- Expulsións: os ceenses Borja e Chema (m.72 e m.74).
A sorpresa
Podemos chamar a sorpresa da xornada na que parecía a eliminatoria máis igualada. O Cee, pendente da Fase de Ascenso, e con necesidade de manterse en competición.
Saíron tremendamente enchufados os locais, tocando e movendo ante un Cee que marcaba moi ben atrás e que non permitía chegadas claras. Marcaban os locais tres tantos antes do descanso, froito dun par de erros graves inusuais na defensa azul.
Tras varios minutos de tensión, e tras varias tímidas chegadas visitantes, no ecuador da segunda metade rompíase defintivamente a eliminatoria coa expulsións de dous xogadores ceenses.
Novas relacionadas
Máis información
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).