Denuncia o impacto sobre a Devesa do Anllares das obras das novas centrais do río Xallas


Hai unhas semanas Francisco Santiago López denuncia con vídeos (que tamén vemos aquí) a desfeita dos sistemas naturais costeiros. Entre eles o das ribeiras do río Xallas, algo que vén de corroborar un grupo de científicos e 3 universidades galegas.
Segundo vén de denunciar ADEGA na Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, a construción de 3 novas minicentrais hidroeléctricas no curso do río Xallas está a provocar unha importante deforestación na zona, afectando a simbólica Devesa do Anllares, o coñecido como “bosque atlántico máis occidental de Europa”.
Denuncia ADEGA que as obras das centrais hidroeléctricas de Fervenza II, Ponte Olveira II e Novo Castrelo, levadas adiante por Ferroatlántica entre Dumbría e Mazaricos, están a afectar negativamente a especies protexidas, así como a hábitats de interese europeo e prioritario consonte a Directiva 92/43CEE. Unha denuncia avalada por un informe asinado por 11 investigadores e investigadoras das tres universidades galegas debruza os impactos das obras sobre a biodiversidade protexida
ADEGA recorda que se trata dun proxecto que vén do 2000, polo que teñen pasado varios gobernos, aprobado no 2013.
Vídeos de Francisco Santiago López
Monte Pindo, Devesa do Anallares e Marismas de Carnota (parte 1):
Monte Pindo, Devesa do Anallares e Marismas de Carnota (parte 2):
Novas relacionadas
Novas da repotenciación do río Xallas
- 14-03-14: A repotenciación do río Xallas separa ao Parlamento.
- 01-07-13: A liberación da fervenza do Xallas. Unha historia de denuncias.
- 01-04-13: A Xunta asegura que as obras nos 3 saltos do Xallas crearán 700 postos de traballo.
- 15-02-13: Denuncian un grave impacto dos 3 novos saltos no Xallas e favoritismo coa empresa de Villar-Mir.
- 14-02-13: A Xunta asegura que os 3 saltos no Xallas non suporán novos obstáculos no río.
- 13-12-12: Ferroatlántica xa ten financiamento para as 3 minicentrais do Xallas.
- 03-02-12: A Xunta aproba os 3 novos saltos no río Xallas.
- 30-5-11: O río Xallas prefire camiñadas e non minicentrais.
- 06-07-09: O Xallas corre de novo perigo de sufrir máis centrais hidroeléctricas.